A Pintega

20 November, 2008

Los Cronocrímenes en DVD

Matachin (20-November-2008)

E pasou o tempo. Cinco meses dende a estrea en forma de longametraxe de Nacho Vigalondo con Los Cronocrímenes e non tiven oportunidade de vela en pantalla grande, así que me queda unha segunda opción: vela na casiña.

Acaba de sair a versión en DVD da película pero eu agardarei a mercala (ou descargala) porque segundo conta Vigalondo no seu blog, aínda que esta versión conta cun audiocomentario do director polo nadal poderemos agasallarnos cunha edición especial da que pouco sei aínda pero seguro que traerá mais cousiñas interesantes, polo pronto a oportunidade de ver unha película sobre viaxes no tempo na orde cronolóxica correcta: unha frikada imperdible.

Eu xa teño un agasallo pedido os reis.

Categorías: Cine | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).