O fin de semana que ven e nas vésperas do meu aniversario algúns taberneiros marcharemos cara Avilés para asistir o festival Articulo 20, no que se xuntan competición de skate, música e exhibicións de arte.
A primeira nova foi que Airbag tocaban preto polo que xa tiñamos pensado achegarnos pero a bomba caeu cando soubemos que os Electric Six actuarían polo que soben o nivel do domingo dende pensarnos de quedar ou non ate que o domingo sexa o día que espero con maior expectación.
Se a todo isto sumámoslle Standstill, Cápsula e outros por descubrir e o anti-Karaoke non nos queda outra que apuntarnos!
PD: Estou por prepararme unha canción, sei que non teño voz ningunha pero a ver como vai o nivel
.
Mais información sobre: Airbag,anti-Karaoke,articulo 20,Avilés,electric six,festival
Esta entrada foi publicada o Venres 28 Novembro, 2008 ás 1:40 pm en Concertos, Videoclip.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
28 Novembro, 2008 ás 2:37 pm
Aínda que sexa a elección obvia, ahí tiña que ir Gay bar:
http://www.youtube.com/watch?v=q54LJ5RsqRw