Día dos inocentes
Matachin (29-Decembro-2008)
O de non postear nada onte non se debía o cansancio nin a que non tiveramos nada que dicir.
Era unha broma!! ha-ha!
Categorías: Para-Noia | 1 Comentario »
Matachin (29-Decembro-2008)
O de non postear nada onte non se debía o cansancio nin a que non tiveramos nada que dicir.
Era unha broma!! ha-ha!
Categorías: Para-Noia | 1 Comentario »
Matachin (26-Decembro-2008)
Teño no meu lector de rss moitos blogs de música pero normalmente préstolle mais atención as novas dos grupos que xa coñezo porque na escena actual abundan os grupos catapultados ao infinito que ao final non se comen unha #@!
Ida Maria e unha cantante noruega que despois de dar voltas creou a súa propia discográfica Nesna Records (Nesna é o seu pobo natal) para sacar o seu material, e ultimamente está a saír nas listas do mellor do ano pero eu a coñecín por un post nun blog non musical onde so poñían o video sen comentar nada.
Indie rock con cancións bailables e unha voz forte de muller que rasga un pouco cando berra (agora estou pensando en The Muffs) e cancións caralludadas como o Oh my god de arriba, I Like You So Much Better When Youre Naked Video (que poría de video se non fose porque non deixa youtube), Stella ou Louie.
Aínda o falabamos fai pouco Jans e mais eu, que se o ano pasado foron 1990s ao Festival do Norte, porque non podería Ida Maria vir a este?
Categorías: Videoclip | 2 Comentarios »
Matachin (25-Decembro-2008)
Haji era un punk coma calquera rapaz
e el nunca tivera ningún problema ata que empezou a súa banda Oi
a salvo no seu garaxe ou cantando na ducha
ata que Haji foi demasiado lonxe e tocou nun pub
Era unha tarde fría de nadal cando Trevor e os skins
Entraron para unha pinta e picar unhas patacas
Trevor gustaba da música pero non da Unidade
el desligou o turbante de Haji e deixouno de xeonllos
Se Deus baixara o día de Nadal
Eu sei exactamente o que diría
Diría “Oi ós punks e Oi ós skins
e Oi para o mundo e todos gañan!”
Haji era unha ruina ensanguentada, correu a través da multitude
dixo “encontrarémonos outra vez, estamos ensangrentados pero orgullosos”
Trevor colleulle a palabra e dixo onde quedar
Día de Nadal no tellado do 20 de Oxford street
Se Deus baixara o día de Nadal
Eu sei exactamente o que diría
Diría “Oi ós punks e Oi ós skins
e Oi para o mundo e todos gañan!”
No tellado cos “nunchackus” Trevor rompeu moitos osos
Pero Haji tiña unha espada coma o nacho de Indiana Jones
Sereas da policia soando, un home moribundo ensanguentado
Haji estaba só e abandoado pola súa banda
Trevor estaba esvaencendo alí e aínda cheo de odio
cando os skins deixarono alí e baixaron pola escada de incendios
Oi! Oi!
Pero entón Haji veu a estrela do norte brilar mais que nunca
Asi que fixo un torniquete co seu turbante salvando a Trevor
Baixaron do tellado co resto do turbante
e volveron o pub onde se covidaron cada un a bourbon
Se Deus baixara o día de Nadal
Eu sei exactamente o que diría
Diría “Oi ós punks e Oi ós skins
e Oi para o mundo e todos gañan!”
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (23-Decembro-2008)
Se fuches o venres pasado a festa que organizou La Fonográfica General o venres pasado no Desván, pode que levaras pra casa un disco que contiña estas cancións:
E se non che gustou sintoo, a próxima vez fareino mellor…
Categorías: Musica | Sen comentarios »
Matachin (21-Decembro-2008)
Primeiro temos este “filme experimental” de vinte minutos dirixido por Susana Rei Crespo, Cousas do Kulechov,onde nos mostran o fácil que é manipular unha noticia sacando as imaxes de contexto.
O segundo que vos traio é un impresionante corto en plano secuencia que se chama PIM, PAM, PUM.
E por último unha de horror rural feito en plastilina titulado: The Werepig.
PD: O útil que son os video online cando non tes nada que facer…
Categorías: Cine | Sen comentarios »
A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by
WordPress
Entries (RSS)
and Comments (RSS).
Comentarios