A Pintega

15 Decembro, 2008

El auto de papa (versión invertida)

Matachin (15-Decembro-2008)

Pode que sexa un pouco rebuscado, pero eu chorei coa risa. Outra perla que me descobre Minchinela.

Categorías: Humor | 1 Comentario »

Nova festa de La Fonográfica General

Matachin (15-Decembro-2008)

Parece ser que La Fonográfica General está de volta e despois de un longo parón intenta facer festas mais a miúdo e este venres planean atacar de novo en El Desván en Ferrol cun plan perfecto.

Polo percio da entrada (3 €) poderás asistir os concertos de Misquious e de FRANC3S e ademais regálanche un single en vinilo de un dos grupos de LFG e unha funda para un CD, ¿e que fas con esa funda? iso e o que mais me mola da festa.

Propoñen que leves un CD grabado, no CD poden ir grabadas as túas cancións favoritas, chistes de Arévalo ou sons da xungla, cando chegas á festa danche o sobre e apuntan o teu nome nunha papeleta e entre grupo e grupo danche unha papeleta co nome da persoa a que lle tes que regalar o teu disco, ao mais puro estilo dos discos sorpresa fundador que hai anos regalaban co coñac.

E nesas andamos, pensando en que regalarlle a alguén que non coñezo: tirarei de ye-ye para facerlle unha homenaxa os discos orixinais o tirarei polo lado indie… ou polo freak. Ide o venres que ven o Desván e pode que che toque a ti.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).