Matachin (17-Decembro-2008)
Este domingo día 21 organizarase en Ferrol un Mercadiño de Troco na Praza Vella, se chove o mercadiño será no edificio do Mercado Central.

Neste mercado non se merca con cartos se non que se troca son libros, menaxe de cociña, artesanía, audiovisuais, xogos e xoguetes, roupa e todas aquelas cousas que tes na casa e que aínda que non están en mal estado a ti xa non interesan pero pode que a outra xente si.
Quen desexe colaborar na organización do Mercadiño e na Rede de Troco de Ferrol pódese achegar á xuntanza que se celebrará sábado 20 ás 12:00 horas na Praza Vella ou facelo directamente no propio mercadiño de Domingo.
Paréceme unha boa iniciativa, e se sae como eles pensan tentarán que a cousa teña unha periodidade establecida, que sería facelo cada dous meses. Mesmo queren facer unha web para apoiar o mercado.
Categorías: consumo | Sen comentarios »
Matachin (17-Decembro-2008)
En Francia estanlle a dar caña os usuarios de P2P, dende hai un tempo o marido de Carla Bruni está a propoñer unha lei pola que se lle cortaría a conexión aos usuarios que os cacharan tres veces compartindo material baixo copyright, mesmo intentou colar esa lei Sarkozy no parlamento europeo (aínda que polo de agora nanai).
E a asociación de discográficas francesas tampouco queda atrás, primeiro por demandar catro compañías norteamericanas que desenrolan diversas aplicacións p2p como Vuze, Morpheus, Limewire ou Shareazaa (demandando a Sourceforge, responsable de moitas aplicacións de código aberto).
Isto xa é malo pero e que fai pouco tocáronme a fibra moral o querer denunciar a Soulseek (que ademais non é un p2p ao uso porque ten detrás unha discográfica), e por aí si que non paso.
Cando quero facerme con música nova son usuario basicamente de Bittorrent e Soulseek, pero Soulseek e tremendo para descubrir novos grupos, podíaste facer amigo de alguén cos teus gustos e cotillearlle as súas carpetas compartidas ou preguntarlle como sona tal ou tal grupo.
Ultimamente non o uso tanto porque dende hai uns meses son usuario de Ubuntu e o que uso é o Nicotine (que emprega a mesma rede), e non sei por qué non acado as mesmas velocidades, pero se non a coñecíades probádea antes de que sexa demasiado tarde.
Por certo, ¿alguen ten (ou non) problemas co Nicotine en linux?
Categorías: Informática | Sen comentarios »