Concertos fin de semana
Matachin (18-Decembro-2008)
Aqui vai unha lista de concertos para esta fin de semana.
O venres en Fene debosses no Chámalle X, que son un tributo a Bruce Springsteen, en Artábria estará Bitxobola, que se non coñecedes a este cantautor embrutessio ten un repertorio a base de punk clásico e reinterpretaciónd da música popular que ven vale a pena ver.
En Pontedeume hay concerto no Coliseo con grupos de heavy e punk.
E por suposto a 38 Festa Oficial da Fonográfica General.
O sábado se non queremos sair de Fene podemos ir a ver a Rockaway no Casino de Fene, que é unha banda tributo o que non ten porque estar mal. Pero como é unha banda tributo a Dire Straits, paso.
Pola outra banda da ría, dous artistas de fora achéganse á comarca con estilos para todos os gustos: se es un rapeiro que gusta do toque gansta seguro que coñeces a Primer Dan, un dos novos valores que dende Madrid esta a facer ruído ultimamente sacando moitas mixtapes para descargar de balde dende o seu myspace. Se o queredes ver Primer Dan en O Medulio en Narón.
Se o que vos gusta é o rock americano o sábado en Ferrol todo un clásico, Hendrik Röver no Manchita Cosa presentando o seu disco en solitario Esqueletos. Non sei aquí, supoño que sí, pero por aí adiante nos directos estábano a acompañar Miguel Bañon e Santi Campillo (case nada).
Estas son as opcións de cerca en Coruña tedes as opcións de Standstill e outros e a de Vetusta Morla e outros. Por opcións non será.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »