A miña panxoliña favorita
Matachin (25-Decembro-2008)
Haji era un punk coma calquera rapaz
e el nunca tivera ningún problema ata que empezou a súa banda Oi
a salvo no seu garaxe ou cantando na ducha
ata que Haji foi demasiado lonxe e tocou nun pub
Era unha tarde fría de nadal cando Trevor e os skins
Entraron para unha pinta e picar unhas patacas
Trevor gustaba da música pero non da Unidade
el desligou o turbante de Haji e deixouno de xeonllos
Se Deus baixara o día de Nadal
Eu sei exactamente o que diría
Diría “Oi ós punks e Oi ós skins
e Oi para o mundo e todos gañan!”
Haji era unha ruina ensanguentada, correu a través da multitude
dixo “encontrarémonos outra vez, estamos ensangrentados pero orgullosos”
Trevor colleulle a palabra e dixo onde quedar
Día de Nadal no tellado do 20 de Oxford street
Se Deus baixara o día de Nadal
Eu sei exactamente o que diría
Diría “Oi ós punks e Oi ós skins
e Oi para o mundo e todos gañan!”
No tellado cos “nunchackus” Trevor rompeu moitos osos
Pero Haji tiña unha espada coma o nacho de Indiana Jones
Sereas da policia soando, un home moribundo ensanguentado
Haji estaba só e abandoado pola súa banda
Trevor estaba esvaencendo alí e aínda cheo de odio
cando os skins deixarono alí e baixaron pola escada de incendios
Oi! Oi!
Pero entón Haji veu a estrela do norte brilar mais que nunca
Asi que fixo un torniquete co seu turbante salvando a Trevor
Baixaron do tellado co resto do turbante
e volveron o pub onde se covidaron cada un a bourbon
Se Deus baixara o día de Nadal
Eu sei exactamente o que diría
Diría “Oi ós punks e Oi ós skins
e Oi para o mundo e todos gañan!”
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »