A Pintega

26 Decembro, 2008

Ida Maria – Oh My God

Matachin (26-Decembro-2008)

Teño no meu lector de rss moitos blogs de música pero normalmente préstolle mais atención as novas dos grupos que xa coñezo porque na escena actual abundan os grupos catapultados ao infinito que ao final non se comen unha #@!

Ida Maria e unha cantante noruega que despois de dar voltas creou a súa propia discográfica Nesna Records (Nesna é o seu pobo natal) para sacar o seu material, e ultimamente está a saír nas listas do mellor do ano pero eu a coñecín por un post nun blog non musical onde so poñían o video sen comentar nada.

Indie rock con cancións bailables e unha voz forte de muller que rasga un pouco cando berra (agora estou pensando en The Muffs) e cancións caralludadas como o Oh my god de arriba, I Like You So Much Better When Youre Naked Video (que poría de video se non fose porque non deixa youtube), Stella ou Louie.

Aínda o falabamos fai pouco Jans e mais eu, que se o ano pasado foron 1990s ao Festival do Norte, porque non podería Ida Maria vir a este?

Categorías: Videoclip | 2 Comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).