A Pintega

Xaneiro, 2009

El Hermano Ele – Pon

Matachin (30-Xaneiro-2009)

Unha homenaxe os selectahs e os Sound Systems por parte de El Hermano Ele, que formaba parte de La Puta Opepé e que o ano pasado lanzou o seu agardado disco en solitario.

Por certo, parece ser que todos os xoves en Carteles en Ferrol hai noite de regge con A Morrinha Sound Anti-Sistema.  É un mal día para os que traballan o venres, pero teño curiosidade. A ver se un dia pódome achegar a ver que tal.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Concertos para a fin de semana

Matachin (29-Xaneiro-2009)

Que eu saiba mañá tocan Julian Ross en Casa Ardá (Limodre) e o sábado Eskakeo acompañados dos portugueses Karma-Cola na Run rum en Ferrol.

No outro lado do país, en Vigo: o venres os UK Subs tocan na Fábrica de chocolate, El Hermano Ele toca La Iguana cos Ranking Soldiers e DJ Amable estará no Mondo Club pinchando hits.

O sábado Pelle Carlberg no mondo e festa ska punk con Wisecräcker, Kogito e Oferta Especial na Fábrica.

Ou sexa, ben.

E se estades na Coruña tocan Juanito Broders e Malandromeda (aos que teño moitas gañas de ver) no Super club.

Menos mal que pronto empeza a temporada de chave…

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Aqeel é Glen Anthony Henry

Matachin (29-Xaneiro-2009)

Glen Anthony HenrySe tes unha pouca interese no hip-hop que se fai en España soarache o nome de Aqeel xa que colaborou aportando a súa voz soul a xente coma Sólo los Solo, La Excepción, VKR, … tamén o puideches ver de corista de Pitingo en galas de TVE. Eu o último que sabia del era o seu vídeo flashy dentro dos Chacho Brodas, Nasty.

O que non sabía é que no 2008 sacara un disco baixo o seu nome propio, Glen Anthony Henry, no que cambia o seu son pasando do hip-hop mais actual de Griffi ou Quiroga a un son mais clásico e de instrumentación real.

E se para o seu disco como Aqeel soubo achegarse a xente coma Griffi, esta aventura está producida por Carlo Coupé, que se tes un pouca interese na música de aires sesenteiros soarache o seu nome de Penélope & Carlo ou de oír o seu Hammond en outras cancións coma no Flea Market de Cooper.

Segundo leo por aí esta é a primeira colaboración estudio de Glen e Carlo (xunto cos dous 7″ que se extraeron do disco) , que debería ser de tres albumes de estudio para Funkorama Records (a discográfica montada por Carlo).

O disco está bastante ben e se buscades o Relax and love de Glen Anthony Henry e dádelle unha escoita e xa me contaredes que vos parece.

Categorías: Música | Sen comentarios »

Os restos do naufraxio

Matachin (28-Xaneiro-2009)

Imaxes de como quedou unha árbore de San Valentín despois do vendabal, e non foi a única que caeu en Fene.

Se cae do outro lado queda enriba do noso coche.

Árbore caída en San Valentín

(máis…)

Categorías: Fene | 1 Comentario »

Los Coronas – The Wedge (Live @ Vibrasons ‘07)

Matachin (23-Xaneiro-2009)

Non son moito de pasodobles pero se lle engades unha dose de surf queda un prato tremendo.

Hoxe e maña en Mardi Gras.

Categorías: Videoclip | 2 Comentarios »

Torres anuncia a perruquería Gessbra

Matachin (22-Xaneiro-2009)

Dende o blog Galicia Profunda atopo o mellor anuncio que vin na miña vida:

Pois resulta que Fernando Torres ten amigos na Coruña e fixo un anuncio para promocionar a perruquería e quedoulle un documento XENIAL, encántame, todos os planos:

(máis…)

Categorías: TV | 1 Comentario »

Concertos para a fin de semana

Matachin (22-Xaneiro-2009)

Este fin de semana temos un claro gañador a hora de preparar un plan para a fin de semana e é que Los Coronas estarán este fin de semana no Mardi Gras con concertos o venres e o sábado.

Los Coronas

Aquí na taberna que somos Lozistas recoñecidos estamos pensando en ir os dous días, ou se vamos so un, decidir que día imos e aproveitar pra facer outro plan.

O venres no Enxebre en Fene e no que será o último concerto promovido polo concello nos meses de decembro e xaneiro, soará o folk de Bronze e se queredes ir mais lonxe hai concerto en Pontedeume no Coliseo: Rey Mugre, Ta’ Crack, Manneken Pis e A Banda de Troy McLure.

O sábado podedes ir a ver a Elliott Murphy ao Jofre e cando remate no Manchita Cosa presentación do FM Music Festival con Indy Tumbita e Soul Survivors e en Artábria o cantautor catalán Cesk Freixas.

Estas son as opcións, vos veredes que facedes.

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).