A Pintega

8 Xaneiro, 2009

Concertos para a fin de semana

Matachin (8-Xaneiro-2009)

Se vos preguntabades que facer esta fin de semana aquí vos deixo algún concertiño ao que ir esta fin de semana.

Mañá en Fene Roger de Flor no Agarimo de Sillobre presentando o seu novo disco “Naturalidad Silvestre“, supoño que esta vez tamén con unha banda que conta entre outro con Cabe de Los Tigre del Cañotas, que por certo están a acabar o seu novo discos con cancións coma o “Quiero tocar en el Felipop” (todo encaixa coma un puzzle sideral). Eu aínda non o vin tocar con banda, pode que desta vez me achegue

Aínda que non é a única opción que tedes. Se preferides ir a Ferrol, Meu estará no Run Rum presentando o seu disco “Did you hear?”. Xa os vimos en San Valentín presentandoo e sempre son unha garantía de diversión, supoño que os plans para o venres decidiranse a última hora.

O sábado non teño constancia de ningún concerto preto, pode que no Manchita fagan algo pero no Fotolog do Manchita Cosa non o anuncian ate última hora polo que non sei.

Parece pouca cousa asi que podedes contentarvos ca idea de que os míticos garaxeiros The Cynics estarán o martes na Run Rum pra dar caña. Xa sei que un martes non é un día moi normal co tema de ir traballar o día seguinte pero pode merecer a pena, vós decidides!!!

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).