A Pintega

14 Xaneiro, 2009

Os famosos e os nomes dos seus fillos

Matachin (14-Xaneiro-2009)

Lémbrome cando daban Roseanne na galega e a gracia que me fixo que lle puxeran o seu fillo Jerry García Conner en honra do líder dos Greateful Dead, un nome que non era un nome.

E sempre pensei en facer algo así cun fillo meu, pero algo sutil e non tan esaxerado como o que están a facer ultimamente os famosos.

Non sei cal é a primeira referencia de nome/putada de neno famoso, pode que foran os fillos de Beckham: Brooklyn Joseph, Romeo James e Cruz David postos dependendo do lugar no que foran enxendrados, que son raros pero sempre se lle pode chamar polo segundo nome. Apple Paltrow Martin, filla de Gwyneth Paltrow e Chris Martin, que aínda que teña delito chamarlle a túa filla Mazá aínda podes gañar uns cartiños facendo anuncios para Mac. E a cosa se complica: Zuma Nesta Rock Rossdale chámase o fillo de Gwen Stefani e o cantante de Bush.

O fillo de Nicholas Cage, fanático dos comics chámase Kal-El Cage, que con ese nome mais lle vale ser forte no patio do colexio…

Jason Lee queríalle poñer un nome único o seu fillo asi que, tachán: Pilot Inspektor.

E no último capítulo da historia Ashlee Simpson e o baixista de Fall Out Boy Pete Wentz tiveron a Bronx Mowgli Wentz, para que as iniciais do seu nome formasen BMW.

Outro caso é o de Rudy Cansado que cando a súa muller estaba preñada meditou a posibilidade de chamarlle o seu fillo Pompeyo porque a parte de ser un gran interesado da historia “con un nome así ou acabas cunha personalidade moi forte ou pobre de ti!”. A muller puxe un pouco de orde e chamoulle Carlos.

Deberíamos facer coma os indios e esperar a que o neno medrase para poñerlle un nome que lle acaera ben o cativo, ou polo menos darlle a oportunidade de opinar. Esta visto en en hollywood debería ser norma obrigatoria :) .

Categorías: Humor | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).