Hoxe pola noite tocan Lori Meyers na Sala Nasa, os que poidan ir que lles cunda, pero como os taberneiros da Píntega temos que traballar mañá temos que conformarnos coa oferta que temos para esta fin de semana.
O prato forte do venres é a XIV edición do Treme a Terra en Pontedeume que para esta ocasión ten como plato forte a actuación da banda de ska Betagarri, que xa ten pasado varias veces por aqui con concertos en San Sadurniño ou en Pedroso. Completando o cartel estarán o punk rock dende Pontedeume de Arenga, A Magnifique Bande que é unha mutación dos festicultores e Chámalle xis gañadores do A Coruña Son’ no 2007, que aínda que aínda non teño o gusto de velos en directo din que saben como animar unha festa.
Se non queredes saír de Fene no Son de Cociña toca Habitación82, dos que a únicas referencias que teño son que fan pop/rock e que o seu batería é Ernesto que canta en Julian Ross.
E para o sábado txispunk no Circulo de Perlío dentro da iniciativa do concello Quédate coa música, ven a Fene! e o único que coñezo e que pode interesarme.
Xa vos dixen o que hai, vos decidides!!
Mais información sobre: Betagarri,Treme a Terra
Esta entrada foi publicada o Xoves 15 Xaneiro, 2009 ás 8:30 am en Concertos.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.