Usa calendarios vellos este ano
Matachin (19-Xaneiro-2009)
Nunha curiosa entrada de Lifehacker descubro que o calendario gregoriano (o que usamos nós) ten 14 combinacións posibles (anos bisestos incluídos), isto quere dicir que a combinacións de días meses que ten o ano 2009 repetiuse en outras ocasións polo que este ano poderíamos usar o calendario do ano 1998, do 1987, do 1981 e moitos outros ate o 1891.
Así que podedes buscar no faiado ou en caixas olvidadas a ver se tedes algún calendario vintage chulo que usar este ano, se queredes ver a lista completa de calendarios podedes mirar en time and date, tamén podedes comprobar proximos calendarios.
Categorías: Para-Noia | 3 Comentarios »