A Pintega

22 Xaneiro, 2009

Torres anuncia a perruquería Gessbra

Matachin (22-Xaneiro-2009)

Dende o blog Galicia Profunda atopo o mellor anuncio que vin na miña vida:

Pois resulta que Fernando Torres ten amigos na Coruña e fixo un anuncio para promocionar a perruquería e quedoulle un documento XENIAL, encántame, todos os planos:

(máis…)

Categorías: TV | 1 Comentario »

Concertos para a fin de semana

Matachin (22-Xaneiro-2009)

Este fin de semana temos un claro gañador a hora de preparar un plan para a fin de semana e é que Los Coronas estarán este fin de semana no Mardi Gras con concertos o venres e o sábado.

Los Coronas

Aquí na taberna que somos Lozistas recoñecidos estamos pensando en ir os dous días, ou se vamos so un, decidir que día imos e aproveitar pra facer outro plan.

O venres no Enxebre en Fene e no que será o último concerto promovido polo concello nos meses de decembro e xaneiro, soará o folk de Bronze e se queredes ir mais lonxe hai concerto en Pontedeume no Coliseo: Rey Mugre, Ta’ Crack, Manneken Pis e A Banda de Troy McLure.

O sábado podedes ir a ver a Elliott Murphy ao Jofre e cando remate no Manchita Cosa presentación do FM Music Festival con Indy Tumbita e Soul Survivors e en Artábria o cantautor catalán Cesk Freixas.

Estas son as opcións, vos veredes que facedes.

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).