A Pintega

29 Xaneiro, 2009

Concertos para a fin de semana

Matachin (29-Xaneiro-2009)

Que eu saiba mañá tocan Julian Ross en Casa Ardá (Limodre) e o sábado Eskakeo acompañados dos portugueses Karma-Cola na Run rum en Ferrol.

No outro lado do país, en Vigo: o venres os UK Subs tocan na Fábrica de chocolate, El Hermano Ele toca La Iguana cos Ranking Soldiers e DJ Amable estará no Mondo Club pinchando hits.

O sábado Pelle Carlberg no mondo e festa ska punk con Wisecräcker, Kogito e Oferta Especial na Fábrica.

Ou sexa, ben.

E se estades na Coruña tocan Juanito Broders e Malandromeda (aos que teño moitas gañas de ver) no Super club.

Menos mal que pronto empeza a temporada de chave…

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Aqeel é Glen Anthony Henry

Matachin (29-Xaneiro-2009)

Glen Anthony HenrySe tes unha pouca interese no hip-hop que se fai en España soarache o nome de Aqeel xa que colaborou aportando a súa voz soul a xente coma Sólo los Solo, La Excepción, VKR, … tamén o puideches ver de corista de Pitingo en galas de TVE. Eu o último que sabia del era o seu vídeo flashy dentro dos Chacho Brodas, Nasty.

O que non sabía é que no 2008 sacara un disco baixo o seu nome propio, Glen Anthony Henry, no que cambia o seu son pasando do hip-hop mais actual de Griffi ou Quiroga a un son mais clásico e de instrumentación real.

E se para o seu disco como Aqeel soubo achegarse a xente coma Griffi, esta aventura está producida por Carlo Coupé, que se tes un pouca interese na música de aires sesenteiros soarache o seu nome de Penélope & Carlo ou de oír o seu Hammond en outras cancións coma no Flea Market de Cooper.

Segundo leo por aí esta é a primeira colaboración estudio de Glen e Carlo (xunto cos dous 7″ que se extraeron do disco) , que debería ser de tres albumes de estudio para Funkorama Records (a discográfica montada por Carlo).

O disco está bastante ben e se buscades o Relax and love de Glen Anthony Henry e dádelle unha escoita e xa me contaredes que vos parece.

Categorías: Música | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).