Kevin Johansen – Fantasmas del carnaval
Jans_topo (27-Febreiro-2009)
A canción perfecta para a resaca post-carnaval. Disculpad o audio, foi o mellor que atopei
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Jans_topo (27-Febreiro-2009)
A canción perfecta para a resaca post-carnaval. Disculpad o audio, foi o mellor que atopei
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (26-Febreiro-2009)
Para esta fin de semana temos dous concertos de Los Tigres del Cañotas no Calle 88 (Carretera de Castilla) que tocarán o venres e o sábado. Supoño que tocarán xa cancións novas do seu novo disco que está a puntiño de saír.
E o sábado na Run Rum tocaran os suecos Industri Royal acompañados de Los Ruines. Industri Royal son unha banda mistura de indie pop cun toque punk, que según dín ten un potente directo.
A verdade é que ter o peito de vir dende Suecia a tocar a Ferrol xa é un aliciente para velos en directo, podedes ver videos deles en directo no canal de Youtube de Industri Royal.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (23-Febreiro-2009)
O festival AntrosPinos que comezou a celebrarse en Taragoña (Ribeira) o ano pasado arranca este ano coa creación da web onde se pode votar que grupos te gustaria ver este verán.
Así que podedes pasarvos pola web do Festiva AntrosPinos e votar os vosos grupos favoritos.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Jans_topo (21-Febreiro-2009)
Erasmo Carlos – Vem quente que eu estou fervendo
Xa que Matachín está vago e non cumple coas suas obligacións poño eu o vídeo, aínda que sexa un día tarde… Visto no blog de Marito
Categorías: Música, Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (19-Febreiro-2009)
A programación para esta fin de semana comeza o venres coa Festa oficial Nº39 de La Fonográfica General, unha festa de disfraces na que suxiren ir de debuxo animado e na que regalaran o single de vinilo de Rasmus Adaticilos (agora Adaticilos Expulsion) que tamén tocará na festa xunto con Bang 74 e Operación Bikini.
E na outra punta o venres temos o concerto de Lamatumbá e D’Callaos no Coliseo, que por certo ¿alguén sabe algunha web, fotolog ou myspace onde se poida saber que toca no Coliseo? porque suponse que hay concerto todos os venres pero eu nunca me entero.
Para o sábado non sei de nada interesante que recomendarvos pero nós temos festa privada/ Cumpreanos/Inauguración de piso de jans_topo. Fagades o que fagades, asádeo ben!!
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (18-Febreiro-2009)

Gustanme o cartel e o campionato que atopei en artritis.
Porque non todo vai ser futbol.
Categorías: Festas | 3 Comentarios »
Matachin (17-Febreiro-2009)
… Enrique Bunbury!!
Avance da nova tempada de Muchachada Nui, hoxe á noite.
Este celebrities xa o fixeramos o sábado no patrón, e quedaranos mellor.
Categorías: TV | 1 Comentario »
A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by
WordPress
Entries (RSS)
and Comments (RSS).