Extraperlo – Bañadores
Matachin (26-Xuño-2009)
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (25-Xuño-2009)
Os rapaces de La Fonográfica General volven facer outra festa en Ferrol, outra vez en El Desván, alí tocarán Faquir e Habitación92, celebrarán a chegada do verán e coma sempre regalarán un single en vinilo aos asistentes.
A entrada son 4 €uriños de nada.
O sábado Sevigny estará na Run Rum, estes artistas emitindo dende Galicia foron capaces de facer que unha das suas cancións soase nunha serie estadounidense.
E o sábado como hai moita xente de vacacións tamén hai tempo pra festas, e mellor se é solidaria coma é o concerto de La Pegatina no Coliseo.
Ademais, remata a liga de chave e iso deixará moito tempo libre…
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (19-Xuño-2009)
Esta é a versión acurtada do video a versión longa na sua canle de Youtube.
Tremendo Ruben Blades: “El que se mete con mi barrio, me cae mal”.
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (18-Xuño-2009)
Este venres un dos grupos que está dando moito que falar no indie español pasará polo Manchita Cosa, trátase de Arizona Baby un grupo de Valladolid que tira moito de country e raices americanas na súa música, podedes ver un comentario mais extenso no fotolog do Manchita.
Unha ocasión para velos nun entorno mais cálido antes de que pasen polo escenarios do Cultura Quente ou o Sonorama de este ano.
Tamén o venres están Luar na Lubre no Jofre e o sabado están Los Coronas e Meu en Santa Cristina pero eu estarei a outras cousas.
Vémonos por ali!
Categorías: Concertos | 1 Comentario »
Matachin (17-Xuño-2009)
No novo anuncio de Estrella Damn, Formentera sona unha canción moi veraniega de guitarra acústica e un retrouso pegañento.
Buscando algo sobre a canción vexo que é dun grupo sueco chamado Billie The Vision & The Dancers, cun aire a Belle and Sebastian.
Unha vez descuberta a súa web, unha das cousas que mais chamou a miña atención é que o grupo non comercializa os seus discos do xeito tradicional se non que se poden descargar de balde na mesma web, lévano facendo dende que empezaron no 2004 cando sacaron o seu primeiro disco de curioso nome I Was So Unpopular In School and Now They’re Giving Me This Beautiful Bicycle onde aparece a canción do anuncio chamada Summercat.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »
A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by
WordPress
Entries (RSS)
and Comments (RSS).
Comentarios