A Pintega

A canción do anuncio de Estrella Damn

No novo anuncio de Estrella Damn, Formentera sona unha canción moi veraniega de guitarra acústica e un retrouso pegañento.

Buscando algo sobre a canción vexo que é dun grupo sueco chamado Billie The Vision & The Dancers, cun aire a Belle and Sebastian.

Billie The vision & The Dancers

Unha vez descuberta a súa web, unha das cousas que mais chamou a miña atención é que o grupo non comercializa os seus discos do xeito tradicional se non que se poden descargar de balde na mesma web, lévano facendo dende que empezaron no 2004 cando sacaron o seu primeiro disco de curioso nome I Was So Unpopular In School and Now They’re Giving Me This Beautiful Bicycle onde aparece a canción do anuncio chamada Summercat.

¿Que lle pasa a estes de Estrella Damn? ¿É que non saben como vai o choio? En vez de contratar a un grupo de música de chiringo de praia e sacar cartos co Caribe Mix e as descargas a mobiles veñen con isto…

Mellor así, na web teñen catro LPs e dúas versión sacados de recopilatorios (Friday I’m in Love de The Cure e I’m a Cuckoo de Belle & Sebastian). Predominan os temas acústicos e as letras son bastante consumbristas, que se unha canción de amor que se unha noite de carallada con The Pippettes… Outra curiosidade é a personaxe de Pablo Diablo que aparece en todos os discos en varias cancións un arxentino que chega a Estocolmo e namora a mozas e mozos.

Probade a escoitar algunha canción e ata se pode doar unha cantidade de cartos a súa discográfica cun nome en forma de declaración de intencións:  Love Will Pay the Bills Records.

Mais información sobre:

Esta entrada foi publicada o Mércores 17 Xuño, 2009 ás 11:06 am en mp3.

Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.

Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.

Deixa un comentario

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).