A Pintega

2 Xullo, 2009

Punkis no Esmorga

Matachin (2-Xullo-2009)

Xa está aquí o verán e empezan a acumularse os concertos, para empezar o venres temos a CGTH Rock&Roll Party que despois de non celebrarse o ano pasado volve con forza nun atípico escenario: o Esmorga na Carretera de Castilla (non lembro ningún concerto no sitio) onde tocarán Lost Psychotics, Los Valvulas e os meus favoritos da noite Novedades Carminha que estarán presentando o seu primeiro LP (a ver se traen copias).

Novedades Carminha

Unha noite de punk rock, surf e dadaismo nunha das poucas oportunidades que teño de que poñan música que me gusta no Esmorga.

Aínda que esta  é a miña primeira opción para a noite non era a única porque The Right Nows estan en Casa Ardá no mesmo día á mesma hora.É unha magoa porque tamén tiña gaña de ver a esta banda de garaxe de Cedeira que me din que son bastante potentes, a ver se outra vez os podo ver.

O sábado volve a haber hip-hop no Medulio co III Festival Zona Fé que contará con Slowlee como máximo atractivo e catro grupos mais completarán o cartel. Pero nos non estaremos se non que estaremos no Bata vendo a Fuckin’ Funky!

Vémonos!

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).