A Pintega

4 Febreiro, 2010

Nongratos – Nada d’ nada

Matachin (4-Febreiro-2010)

Nongratos son de Ferrol pero agora residen en Vigo, despois de un primeiro EP mais próximo ao hip hop con colaboración de Sr. Zambrana lanzan agora La ciudad está muerta que avanza cara a electrónica.

Podes descargar o disco den a web de Nongratos.

Categorías: Videoclip, mp3 | Sen comentarios »

Mais ansia!

Matachin (4-Febreiro-2010)

Botenlle unha ollada a este documento audiovisual.

Trátase dunha versión do Paranoid de Black Sabbath dun dúo alemán (Cindy und Bert) transformada en Der Hund von Baskerville ou “O Can dos Baskerville” pero ainda que a versión mola polo toque psicodelico e o hammond o que mais chama a atención e a actitude do vídeo.

Os cantantes son bastante “estáticos” (por non falar o estrano ton de pel dela) e os gogos aínda que parece que empezan ben empezan a deixarse levar, falar entre eles, mirar cara outro lado,…

O mellor do vídeo é o can que seguro que faría estremecer o mesmo Sherlock Holmes. Qué medo!

Categorías: Humor, Videoclip | Sen comentarios »

Debut en directo de El Hombre Flipante

Matachin (4-Febreiro-2010)


Atención todos os amantes do punk pop flipante con letras flipantes.
Despois dunha tempada entrenandose nos baixos fondos o superheroe do século XXI fará a súa primeira aparición pública para desvelar a súa identidade secreta.

El Hombre Flipante estará mañá venres no Bar Asturias (ao ladiño da Run rum) presentando as súas flipantes cancións.

Se queredes ver de que se trata non faltedes á cita maña as once da noite, podedes escoitar algo no MySpace de El Hombre Flipante.

E se quedades con ganas de mais concertos o sábado estarán Los Eternos e Dr. Gringo na Run Rum ás 22:00 da noite (puntualisimos).

Vémonos alí (arriba e ala vou!).

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).