Botenlle unha ollada a este documento audiovisual.
Trátase dunha versión do Paranoid de Black Sabbath dun dúo alemán (Cindy und Bert) transformada en Der Hund von Baskerville ou “O Can dos Baskerville” pero ainda que a versión mola polo toque psicodelico e o hammond o que mais chama a atención e a actitude do vídeo.
Os cantantes son bastante “estáticos” (por non falar o estrano ton de pel dela) e os gogos aínda que parece que empezan ben empezan a deixarse levar, falar entre eles, mirar cara outro lado,…
O mellor do vídeo é o can que seguro que faría estremecer o mesmo Sherlock Holmes. Qué medo!
Mais información sobre: black sabbath,cindy und bert,sherlock holmes
Esta entrada foi publicada o Xoves 4 Febreiro, 2010 ás 3:54 pm en Humor, Videoclip.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.