Se tedes un amigo que coma min se pasara polo antigo cárcere da Coruña para asistir ao Trash entre Amigos sufririades os efectos secundarios que consistía en repetir frases inconexas e cancións de Dinamita Pa Los Pollos.
A idea era ver unha película comentada en directo e de seguro que a película non perdurará igual na memoria para os que alí nos dimos cita que para os que a poidan ver soiños na casa e sen asistencia que convertera a película en algo mais grande.
Antes de nada explicar que os comentarios estiveron influídos polo fume negro/John Locke encerrado nunha botella para a ocasión.
Para comezar o mantra que acompañou o final da Proxección: Solapas de borrego, estampado de Chupetes, Templarios Funcionarios, Nariz de Kevin Bacon:
Atención ás «Solapas de borrego» que loce o noso heroe e ao «estampado de Chupetes» de Esperanza Roy. Todo o vestiario do pobo era de traca.
Se a iso sumámoslle que os Templarios cabalgaban a cámara lenta e atemorizaban a xente con frases coma: «Necesito esto por triplicadooo», «El plazo de la subvención terminó en Mayooo», «fotocopia compulsada del carneeeet»…
¿E esta nena? ¿Non é cuspidiña a Kevin Bacon?
A frase: «No, es que vinimos a visitar las ruinas y…»
«Metáforas a destiempo»
A tola da cofia imposible xogando ás películas. Impagable.
Comentario de Minchinela: «Atención al pezón de Esperanza Roy. Esto sólo lo habeis visto vosotros y Juanito Navarro«
Grandes momentos deu o parecido entre o freak do pobo e Stephen King («Te gustó Carrie… ven conmigo«)
E o gran hit versión de Dinamita Pa Los Pollos:
«Stephen King en el aserradero, con la motosierra se corta un dedo
ya no puede escribir El Cazador de Sueños, Pobre Stephen King (pom, pom, pom)
Stephen King en el aserradero, con la motosierra se corta un dedo
ya no puede escribir La Torres Oscura, Pobre Stephen King (pom, pom, pom)»
E así ate o infinito. A ver esta aventura non fose algo illado e poidamos ver outra vez por estas terras.
Mais información sobre: trash entre amigos
Esta entrada foi publicada o Luns 7 Xuño, 2010 ás 20:06 en Cine.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
7 Xuño, 2010 ás 21:50
[...] This post was mentioned on Twitter by absence and Raul Sensato, Miguel López. Miguel López said: RT @absence: Trash entre amigos explicado en galego http://www.apintega.com/2010/06/07/efectos-secundarios-do-trash-entre-amiguinos/ [...]
8 Xuño, 2010 ás 12:24
Excelente repaso aos grandes momentos! Eu tamén andiven por alí, na segunda fila. E tamén teño gana de máis. Que volvan!
8 Xuño, 2010 ás 21:58
Estou asimilando aínda o dos Templarios Funcionarios… deuss
6 Outubro, 2010 ás 12:04
[...] entre amigos explicado en galego http://www.apintega.com/2010/06/07/efectos-secundarios-do-trash-entre-amiguinos/ Mon Jun 7 22:22:36 2010 via web Retweeted by you and 2 [...]