A Pintega

Outubro, 2010

Chegou o día de Los Peyotes!!

Matachin (14-Outubro-2010)

Chegou o día. Hoxe pasarán pola Sala Super 8 de Ferrol a salvaxe caravana de Los Peyotes; con membros arxentinos e peruanos fan un garaxe rock sesenteiro cavernícola.

Presentan nesta xira o seu novo disco Garage o Muerte! gravado no Circo Perroti de Jorge Explosion (parada obligada para todo fan do son potente dos vellos discos de garaxe) e cada concerto deles é unha festa. Se podedes non o perdades!

(máis…)

Categorías: Concertos, Videoclip | 1 Comentario »

Tremendos Os Haxixins!

Matachin (6-Outubro-2010)

Non había o luns na Super 8 o número de asistentes que merecía o concerto dos Haxixins, é ben certo de que un luns non é o día favorito da xente para ir de festa nin estaba anunciado con moita antelación (foi unha contratación rápida de última hora) pero os que non foron ao concerto perdéronse un dos mellores grupos que pasou pola sala.

Representando a escena paulista de garaxe repasaron os seus dous discos empezando cos temas mais psicodélicos e aumentando pouco a pouco a intensidade ata chegar a un clímax final cunha tralleira versión do “7 and 7 is” dos Love, se tedes ocasión de ver o seu directo non o dubidedes. Aínda que a calidade de son non é a mellor aquí tedes un vídeo do concerto.

E avisados quedades que a semana que ven veñen Los Peyotes o xoves e será outro concertazo, apuntádeo na axenda.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Os Haxixins na Super 8

Matachin (4-Outubro-2010)

Ei! que aínda non rematou a fin de semana que queda hoxe!

Despois do tremendo concerto dos Twistaroos o luns pasado hoxe tamén hai con certo cos Haxixins, banda de Sao Paulo que recolle o legado dos 60 cun estilo entre o garaxe e a Psicodelia, entre o hippismo e o punk; trallazos lixerxicos de farfisa e Fuzz.

Por 6€ non é un mal xeito de comezar a semana.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Giorgio Bassmatti – DJ Invitado

Matachin (1-Outubro-2010)

Moito concerto hai hoxe por Ferrol, que si Los Tigres no CBC, que si Pastillas Mamut no Manchita, pero so hay unha sala que teña ao Matachin poñendo musica despois!

Despois do concerto de Dub-Uten e Obibasé no Super 8 estarei poñendo discos ata que deixe o bar vacio.

¿Algunha petición ou algún MUST que teña que poñer? As peticións nos comentarios :)

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).