Morreu Amy Whinehouse. Despois de tantos altibaixos apareceu morta no seu piso londinense, do éxito ao baixón, á aparente recuperación e o golpe final que acabou con ela aos 27 anos como a outras estrelas atormentadas do rock.
Nun destes intentos de recuperación foise ao Caribe e en tres meses preparou un disco que a discográfica desbotou por consideralo «demasiado reggae» e de temática demasiado escura, quizais o que necesitaba para botar os seus demos fora. Demasiado cambio para unha discográfica que veu os cartos que lle reportou o seu soul «canalla» pero asimilable.
Pode que esas cancións aparezan agora (non sei se chegou a gravalas), coñecendo a tradición de espremer aos mortos todo o diñeiro que se poida sacar deles mesmo despois de mortos.
You’re wondering now, what to do, now you know this is the end
You’re wondering how, you will pay, for the way you did behaveCurtain has fallen, now you’re on your own
I won’t return, forever you will wait
Mais información sobre: Amy Whinehouse
Esta entrada foi publicada o Sábado 23 Xullo, 2011 ás 22:03 en Musica.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
Comentarios