Matachin (14-Decembro-2005)

Pistolero: ¿No responde nada?
Jeff Costello: Yo nunca hablo con alguien que tiene un arma en la mano
Pistolero: Es una norma
Jeff Costello: Una costumbre
Veño de ver Le Samuraï, película na que Alain Delon interpreta a un frío asasino a soldo que ben podería entrar nunha futura lista dos homes a ter en conta pra solucionar unha situación incomoda. Este Jeff Costello está emparentado co Ghost Dog de Jarmusch; máis no ético que no estético, ainda que a estética é un dos seus puntos fortes.
Porque esta pequena xoia descubrina a través de Ganster Chic unha lista de composta por dez películas na que os protagonistas a pesar de ser habitantes dun submundo turbio contan con un indudable sentido do estilo.
E despois do éxito non me queda outra que poñer a trabalar a mula con vistas a unha posible sesión continua temática.
Categorías: Cine | Sen comentarios »
Matachin (8-Decembro-2005)
Hoxe xoves lembrarase a figura de John Lennon conmemorando o 25 aniversario do seu falecemento víctima dun asasinato. Para a ocasión soarán clásicos do de Liverpool.
E para mañá venres o rocanrol clásico tomará o escenario co concerto de Abasto, pioneiros do rock fenés.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (7-Decembro-2005)
Xa se pode ver a nova curtametraxe de Nacho Vigalondo despois de que o seu anterior corto «7:35 de la Mañana» fose nomeado aos todopoderosos Oscars o ano pasado. A nova chámase Choque e pódese descargar de balde na páxina do festival de curtas Fotogramas en Corto.
A acción desenrolase nunha pista de coches de choque subterránea no centro de Madrid a que chegan unha xove parella de namorados. E ata aquí podo ler …
Categorías: Cine | Sen comentarios »
Matachin (6-Decembro-2005)
Hoxe celébrase o Día da Constitución, noraboa aos premiados. E o que para algúns e a festa da democracia, para outros é a ocasión perfecta para liberar tensións acumuladas ou coñecer mundo.
Asi que se saen a estrada sentidiño, se no queren que baixe o paro polas bravas.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (1-Decembro-2005)
Por fín, despois de un tempo no conxelador, abrimos a taberna cun aspecto totalmente renovado.
Por un tempo teremos todo manga por ombro asi que non o teñades moi en serio os primeiros días.
Para celebrar tan sinalado acontecemento celebrarase un concerto dos Tigres del Cañotas no bar «O Son de Cociña» de Perlío.
O concerto comezará (posiblemente) ás once da noite.
Technorati Profile
Categorías: apintega.com | 1 Comentario »
Comentarios