A Pintega

Tablón de Anuncios

La excepción – La verdad más verdadera

Jans_topo (20-Agosto-2010)

Homenaxeando “La cabina”:


Vídeo de La Excepción

La Excepción | Vídeos musicales MySpace

Mañá na praza de España.

Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »

Josele de teloneiro dos Tigres del Cañotas

Matachin (12-Agosto-2010)

En agosto non teño gana ningunha de escribir aquí, e así esta isto de abandonado pero eh que hoxe toca Josele Santiago e Pablo Novoa na Sala Super 8 acompañado de en Ferrol ás dez da noite (minuto arriba ou abaixo).

Logo para continuar están Los Tigres del Cañotas no Sikaru as doce mais ou menos ou mellor dito ate que cheguemos nós así que o plan é redondo!

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Onte casou Lisa Simpson

Matachin (2-Agosto-2010)

Invitación de voda Lisa Simpson

Dos creadores de Marty McFly chegou hoxe do pasado: Lisa Simpson casou onte e ninguén nos avisou.

Categorías: TV | Sen comentarios »

Festicultores – Himno

Jans_topo (30-Xullo-2010)

¡Hoxe toca ir Antrospinos!

Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »

Havalina como prato forte da fin de semana

Matachin (22-Xullo-2010)

¿Queredes empezar ben a fin de semana? Pasádevos hoxe polo Lar de Picas a ver a Los Tigres del Cañotas, show asegurado con esta boy band fenesa na súa tourné anual por Ares.

¿E mañá? ¿que temos para mañá? Pois moitos incautos irán a pasar a fin de semana ás Pontes que celebra as Festas da Fraga onde mañá estarán Sidonie como cabezas de cartel no Nabiza Rock deste ano.

Outros iremos a ver en concerto a Colectio Oruga na Super 8 que traerán a Ferrol a súa electrónica apoiada en proxeccións aínda que ben que prestaba estar en Santiago na presentación do “Come On Pelegrin” pero outra vez será.

Por certo, que o venres tamén está no Jofre Enrique Morente, se queredes escoitar flamenco non podedes aspirar a algo mellor agora mesmo.

Pero pasamos ao sábado con Havalina acompañados de Julio Suárez & The Backyards na Super 8, guitarras pesadas nun dos concertos mais recomendables que pasarán por Ferrol. Estades avisados.

Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »

Páxinas: Prev 1 2 3 4 5 ...134 135 Next

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).