Jans_topo (17-July-2006)
Este fin de semana probei o calippo de laranxa e, non sei se influiría o estado perxudicado no que me atopaba nese momento pero, teño que dicir que me soupo máis rico do que me esperaba. É moito mais suave que o de lima-limón ou o de fresa, menos ladrillote, semellándose máis ó tipo de xelado cremoso dos twister que ó dos calippos 1.0.
De todas maneras, a pesar de todo iso, o meu calippo favorito de tódolos tempos segue a ser o desaparecido calippo cola. ¿Qué pasou con este xelado? ¿Pode ser que o quitaran por pouco popular e, sen embargo, o máis que regulero calippo fresa siga vendéndose? Durante moitos anos tiven a miña propia teoría ó respecto: un xelado tan rico tiña que ter algún ingrediente malo para a saude (todo o bo e inmoral e/ou engorda) así que terminaron por retiralo do mercado. E sen embargo, anos despois, me entero gracias a interned que noutros paises segue vendéndose.
Categorías: Para-Noia | Sen comentarios »
Matachin (13-July-2006)
Para aqueles que non vaiades a Caldas, teñades gañas de festa e vivades pola zona tedes alternativas para esta fin de semana.
O sábado os organizadores do do Fenerock celebran un mexilonada en San Valentín que ademáis dos precios de risa contara co rocanrol de Band e Banda. Tamén será digno de ver o Cuadrangubar entre os bares locais e os mozos da organización.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (12-July-2006)
Empeza a temporada de festivais para os habitantes da taberna, como cada ano dirixímonos a Caldas de Reis para asistir o Cultura Quente que este ano se presenta moi interesante.
O primeiro día é perfecto para empezar a festa bailando a ritmo de ska, flamenquillo e funk con grupos como BNegão (Planet Hemp molan e espero moito de él), Canteca de Macao ou Alamedadosoulna (multitudinaria banda de ska da que se intue unha boa festa); e o segundo é máis indie e rocanrol coa volta de Los Enemigos como plato forte, polo menos para nós. Xa hai moito tempo dende que os vimos no concerto de despedida e temoslles gañas. Ademáis ouir a Artemio cantando Juan Valdés non terá precio e ¿qué versións tocarán? saberémolo o sábado.
E o resto do cartel da vértigo: John Spencer, Lori Meyers, Mando Diao, Robert Gordon, Big Boss Man, Los Coronas, … a ver como chegamos o domingo.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (5-July-2006)
Que non se me despiste ninguén que hoxe empeza o ciclo de Woody Allen que ocupara os mercores en tve2 durante todo o verán.
Empezamos con Desmontando a Harry, ou Allen en estado puro. Non o perdan de vista.
Categorías: Cine, TV | Sen comentarios »
Matachin (5-July-2006)
Agora que entrou en marcha o carnet por puntos a xente se pensa mais o de arriscarse a sair con coche, chega a Xunta ó rescate o co seu NoiteBús (si, coma en Harry Potter).
O NoiteBús é un bus que recorrerá as zonas de marcha en 28 concellos galegos entre as dez e as oito da mañá, cando non hai buses de liña normal. O precio do billete serán 1.5 euros por estar subvenciona parte do importe pola Xunta, e servirá para usar o bus toda a noite.
Entre os concellos que probarán este plan piloto estará Pontedeume, polo que creo que comunicará Ferrol e Pontedeume toda a noite. Ideal para os feneses que quedamos xusto en medio.
Vía Chuza!
Categorías: Fene | Sen comentarios »
Matachin (4-July-2006)
Hoxe Jorge dos Stormy Mondays (un dos grupos que maior ventaxa sacou das descargas de internet) escribe na web do seu grupo cómo internet acabou coa piratería. Coa piratería de verdade, os discos en directo que se grababan á marxe dos artistas e que se podían encontrar nas tendas de discos por mil pesos.
Toda esta subindustria rematou cando apareceu internet e calquera pode encontralos por bittorrent, incluso hai trackers específicos denede Bob Dylan e Led Zeppelin ata Wilco.
Categorías: Internet, Música | Sen comentarios »
Matachin (3-July-2006)
Se queredes pasar uns días entretidos, non tedes mais que pasarvos por Grow Cube un xogo no que tedes que atopar a orde correcta en que se sitúan os elementos para conseguir chegar á solución.
Se chegado a un punto empezades a poñervos tensos, mellor deixar lonxe os obxectos punzantes. Pode ser bastante irritante non conseguilo.
Categorías: Internet | Sen comentarios »