Parece que este ano TVE abandona a opción do envio de SMS para decidir quen a representará no festival musical por excelencia, e despois dos discretos resultados dos últimos anos pode que non se equivocaran.
A elexida entre 250 cancións sera Bloody Mary interpretada por Las Ketchup e composta por Queco o mesmo do Aserejé e din que a canción vai na mesma liña da canción de éxito mundial polo que encaixará perfectamente co espírito eurovisivo.
E como esta noticia quedou un pouco así unha curiosidade para darlle o toque indie, por se non o sabiades unha canción de Astrud estivo a punto de representar á televisión de Andorra fai uns anos o Es que sí que posteriormente apareceu no seu EP Todo nos parece una mierda, unha pena que o final non fose.
Se a pesar da choiva aínda teñen ganas de tomar un pouco o aire e de escoitar boa música podedes acercarvos o Bar Tola xa que hoxe a partir das once haberá actuación en directo en forma de homenaxe a M-Clan.
Recibo dun familiar un enlace tremendo. Tratase dun programa xaponés onde Paul Gilbert (ex-Mr. Big) e Marty Friedman (ex-Megadeth) participan nun duelo; primeiro teñen que adiviñar (e interpretar) cancións de Kiss a partir dunha rapaza que tararea e despois teñen que interpretar unha canción dun grupo (jevi por suposto) que empece por unha letra determinada ata que un erre. Impresionante ver este xogo onde os dous guitarristas amosan a sua habilidade como se tal cousa, e tamçen e impresionante que os dous saiban xapones.
Xaponeses e jevi metal, ¿alguen pode pedir máis? Non me imaxino un programa asi feito na tele de aquí, dedicado a un xenero tan especifico. Lonxe quedan os dias de Jazz entre amigos.
Creo que isto non se publicitou o suficiente, así que… O mes que ven, do xoves 2 ó sábado 4 no teatro Rosalía de Castro, actuación de Faemino e Cansado. As entradas podense mercar por anticipado en Caixa Galicia.
Últimamente volven a asediarme insistentemente chamadas de teléfono na que sae marcado NUMERO PRIVADO no meu DOMO, vai por temporadas, e como case sempre fago (ás veces estou moi aburrido) nin me molesto en contestar.
Do mesmo xeito que cando a través da mirilla vexo un encapuchado case nunca abro (ás veces chaman no Entroido e abro) no teléfono o mesmo porque é moi probable que non sexa nada de vida ou morte, e nunca é unha fábrica de cervexa felicitandome con un agasallo non creo que cambie a miña política.
Hoxe acaban as festas de San Valentín co tradicional pasarrúas, despois dun fin de semana de festa contínua que tiveron un claro gañador no tocante as orquestas.
Se ven tiña oído dun amigo que en festas en Euskadi podíanse escoitar cousas como o Sarri, Sarri de Kortatu e en verbenas galegas teño visto interpretar cousas de Los Suaves o de a Orquesta Philadelphia non ten nome.
Despois de poder darme cun canto nos dentes por escoitar a Pereza nunha festa patronal, que sen ser eu un superfan e do máis digno que se pode escoitar en cadeas de radioformula contemplo impertérrito como pasando polo Highway to hell comeza a soar o riff de Enter Sandman e a xente tolea; e seguen caendo: Give it away, Killing in the name of ou ¡¡THE BEAUTIFUL PEOPLE!! con toda a orquesta en fila o ritmo e o certo aire Kitsch que lle dan a interpretación as camisas brillantes farían as delicias de Marilyn Manson.
Por que se se quere devolver a xuventude ás festas haberá que contar con elas para o tema da orquesta tamén (ainda que tamén hai un punto intermedio).
Hoxe espertanme os foguetes as nove da mañá, señal inequívoca de que empezan as festas de San Valentín. O que significa que na taberna estamos de patrón: tres días seguidos de festa rachada. Comezan tres días de copiosas comidas, darlle ganancia os comerciantes locais e frenesí Latino-Bisbaliano diante do palco, porque cada cousa ten o seu sitio e o seu momento.
O que non teña o corpo para orquestras, debedes asistir hoxe pola noite a presentación do segundo disco dos Tigres do Cañotas no Bar Tola, que despois de ter mallado o seu primeiro disco por distintos escenarios e lugares de mala reputación mostrando algunha que outra mostra do seu novo material xa era hora de alimentar de novas músicas os oídos do seu númeroso grupo de fans.
E por se fora pouco levantome e na prensa leo que despois de tira e afloxa co seu propio partido, e despois de rumores que o situaban cunha carteira en Madrid, queren mandar a Sir Paco a xunto do Papa.
Esto hai que celebralo, o patrón digo … e onde hai patrón: bola, guinda e todos a orquestra.