A Pintega

Tablón de Anuncios

Presentación Tualmonteyoalmar 2010

Matachin (24-Xuño-2010)

Este venres celebrase no Super 8 de Ferrol a presentación do Tualmonteyoalmar 2010 que este ano será do 8 ao 10 de Xullo coa presenza de Los Straitjackets, Metralletas Lecheras, Carrero Bianco, Lee Van Cleef e Ningoonies.

Para a festa contarán coa actuación de directo de Los Válvulas e a entrada será libre nunha festa que comezará as 22:30.

Eu de vos non o perdía xa sabedes que Los Válvulas molan moito!

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

OK Go – End Love

Matachin (15-Xuño-2010)

OK Go deixaron a súa discográfica porque pensaban que as estratexias da vella EMI non funcionaban para eles e un feito que tivo moito que ver coa súa saída foi que non deixasen difundir os seus vídeos libremente entre os seareiros do grupo, feito este que tivo moito que ver no éxito inicial da banda.

Agora teñen a súa propia discográfica e segundo eles a único consecuencia é que teñen que supervisar a distribución do material, unha pequena molestia para ter toda a liberdade que eles desexaban.

Damian Kulash, o cantante do grupo, non é alleo ao espírito DIY do seu Washinton natal: nos primeiros noventa un novo Kulash decidiu facer unha escolma co seus grupos favoritos da zona e como necesitaba cartos foi ate Ian Mackaye, fundador de Dischord Records e membro de Minor Threat ou Fugazi.

Mackeye deixoulle 2.000 dólares pero antes díxolle que tiña que devolverllos porque eses cartos poderíallos deixar a outra persoa e se quedaba sen eles Kulash podía ser o responsable da desaparición da escena no D.C. Damian devolveullos as poucas semanas e comprendeu como sería o negocio.

Agora que están sós volven con outro video coa xenialidade marca de casa a base de cámaras rápidas, time-lapses e cámara lenta. Todo un caramelo para a vista.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Recta final da liga de chave

Matachin (14-Xuño-2010)

Debido a partidas aprazadas e a outras que se adiantan esta semana o equipo das Píntegas de chave van a xogar 5 partidas, unha partida e rematarán a presente tempada.

Así que o que queira ver a épica dunha remontada na clasificación que se pase por Casa Canosa calquer día da semana porque haberá show case todos os días:

  • Martes: As Píntegas – Emigrante C (20:30 h)
  • Mércores: As Píntegas – Emigrante A (20:15 h)
  • Xoves: As Píntegas – Fumazo A (19:30 h)
  • Venres: As Píntegas – A.VV. San Pablo (20:00 h)
  • Sábado: As Píntegas – Emigrante C (12:00 h)
  • Sábado: A Curva do Pazo – As Píntegas  (19:00 h)

Isto vai a ser lendario rapaces!

Categorías: Pintegas | 1 Comentario »

Everybody needs somebody

Matachin (12-Xuño-2010)

Categorías: Humor | 1 Comentario »

Los Coronas – Big Wave Riders

Matachin (11-Xuño-2010)

Veña todos á rúa que con este SOLAZO…!

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Páxinas: Prev 1 2 ...4 5 6 ...134 135 Next

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).