Matachin (6-February-2006)
Leo na Voz que Telecinco retira Vientos de Agua para evitar que se siga pirateando por internet. O parecer como en horario de máxima audiencia a serie non funcionaba como a cadea desexaba (incluso con estratexias tan intelixentes como programar dous capítulos seguidos), en vez de darlle un poco máis de confianza ou sacar proveito da TDT a cadea optou por continuar emisión en horario de madrugada para que os máis fans a rematasen de ver e con vistas a sacar a serie nun pack DVD.
Pero as cousa non saen sempre como un quere e os directivos de Telecinco deronse conta que en vez de agardar a emisión en horas intempestivas ou esperar pacientemente a saída do DVD os fans da serie preferían seguila mediante o seu p2p favorito, T5 optou por suspender a emision da serie e sacar inmediatamente o DVD.
Despois de todo onde este un DVDrip que se quite un TVrip
Categorías: TV | Sen comentarios »
Matachin (3-February-2006)
Este fin se semana hai dúas oportunidades de disfrutar da música en directo, xa que tanto o venres coma o sábado haberá concertos en A Tola
Para empezar o venres o espectáculo Transpoting repasará na voz de Julie Guravich a música que se fixo popular por ter aparecido en anuncios da televisión.
Mañá sábado Riff-raff despediráse dos escenarios despois de anos recorrendo mundo a ritmo puro rock’n roll cun repertorio baseado en clásicos dos míticos AC/DC, unha ocasión que non podes deixar escapar.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Iclo (3-February-2006)
25 Abril 06, lembrade ben esa data porque pode ser un dos concertos do ano no Playa Club. Nada mais e nada menos que MANDO DIAO. Parece ser que xa teñen datas confirmadas para a súa xira por España na que presentarán cancións do que será o seu novo disco, que verá a luz no mes de setembro.
Sepades tamén os fans e os non tan fans que para ver mais información sobor da xira, podedes visitar a sua páxina web oficial en España Mando Diao. Concerto altamente recomendado.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (2-February-2006)
Para aqueles que gustedes do hip-hop (os que non podedes pasar) tedes unha nova referencia do vigues El Puto Coke, e para esta ocasión decantase por distribuílo libremente pola rede xa que podedes escoitalo ou descargalo directamente dende a páxina oficial de El Puto Coke
Non esperedes unha maqueta cutre, trátase dun disco ben rematado con producións de xente tan reputada como Dive Divosso, Juan Profundo ou o tamén vigués Roty 340 entre outros, ou a colaboración da Puta Opepé en outro corte.
Nestes tempos de crise aínda xeitos de que a xente acceda á tua obra sen pasar por intermediarios, e é unha opción tan válida como outra.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »
Matachin (29-January-2006)
En dous días consecutivos recibin dous correos de dúas persoas sen relación algunha na me advertían encarecidamente que non abrira un correo que puxera Invitación porque contiña un virus catalogado perigosísimo por Microsoft e a CNN, que borraría o meu disco duro e bla, bla, bla, …
Estou un poco farto de ese tipo de correos, porque, se non caíchedes na conta: son falsos. Este tipo de correos son os denominados hoax e son algo así coma o Vai desaparecer España do universo virtual.
Se algunha vez recibides un correo polo estilo ou calquera outro que vos invite a envialo a cantas máis persoas mellor borrádeo, e se tedes a impresión de que podería ser verdadeiro e que é mellor reenviar, facer unha boa obra e arriscarse: Copiade o correo (ou un párrafo deste) e buscadeo en google e veredes como aparece a páxina co texto integro da mensaxe e a explicación do engano.
Para máis información botade unha ollada en Rompecadenas onde atoparedes moita información sobre hoaxes, spam e como evitálos con como
E xa postos outra petición: os arquivos de Powerpoint de máis de un mega non son graciosos, e os de menos … tampouco.
Categorías: Internet | Sen comentarios »
Jans_topo (27-January-2006)
Día tras día a cadea de televisión Cuatro está dando novos motivos para terminar converténdose na cadea do amor… Oín críticas dicindo que non fan máis que poñer cousas vellas e rancias. E sí creo que, en parte, é certo. Pero, aínda que nunca fun moi amigo dos movementos melancólico-revivalistas, cando se fan con productos interesantes e de calidade, a reposición está máis que xustificada.
Como é o caso do estreo de este sábado 28 de enero: Humor Amarillo!!! Tódolos fines de semana ás 14:20. Ó parecer a doblaxe non é a mesma que cando o puxeron en tele5, pero os tipos que o volveron a facer intentaron ser respetuosos con aquela versión. A emisión dos 100 episodios farase en orden cronolóxico tal e como se emitiron en Xapón e veranse cousas que non se viron na emisión daquí no seu momento. Beat Takeshi!
Por certo, para demostrar que non todo en Cuatro son vellouqueríos, fálase de que en breve Cuatro vai a estrear Samurai Champloo. A nova serie de Shinichiro “Cowboy Beebop” Watanabe, na que cambiamos ciencia-ficción por samurais e jazz por hip-hop nunha serie tanto ou máis cool que aquela.
Ah! e se sodes dos que odíades á xente, deberíades ver House, en emisión desde este martes pasado, e non perder un só dos desplantes do doutor Gregory House.
Categorías: TV | Sen comentarios »
Matachin (26-January-2006)
O fin de semana volve a música en directo a Fene. Este vernes en A Tola actuarán os Fabulosos Cubatas de Focking Brothers co seu show de música e humor, reinventando éxitos coñecidos a través da súa peculiar óptica. Diversión asegurada.
IMPORTANTE: Fagades o que fagades, non lles recordedes que moitas das cancións que interpretan son dos Petersellers. Pode que non entendan a broma.
Categorías: Concertos, Fene | 2 Comentarios »