Matachin (23-January-2006)
Hoxe empeza un novo programa de música na segunda cadena de TVE. Dirixido por Jesús Ordovas, iPOP, pretende ser un programa de música con mayúscula, en directo, de calidad y hecha en el plató de TVE.
Xa están confirmadas a presencia de xente coma Corazón, Clovis, Garzón, Glamour to kill, Nosoträsh, Refree, Dorian, Nancys rubias, Da, Second, Sidonie ou FMM. E como no Diario Pop de Ordovás tamén haberá sitio para grupos que aínda non teñen nada editado.
Para o debut, reportaxe sobre o Refuxio antiaéreo e actuación en vivo de Los Planetas, que tocarán dúas cancións do seu próximo disco e Amaral
Moita sorte, que unha cadena publica non pode reducir a sua presencia musical a Mira Quien Baila.
Categorías: Música, TV | Sen comentarios »
Matachin (30-December-2005)
Aínda queda pasar este fin de semana de festa pero xa hai que pensar no próximo. Volve o Felipop en forma de Felipop de inverno. Os concertos celebraranse entre Casa Ardá e o Carteles en Ferrol. O xoves será en electrico e o resto dos dias serán concertos acústicos. O cartel queda como segue:
Xoves, 5 de Xaneiro. Casa Ardá. 22:30.
- Bang 74
- Los Huéspedes Felices
Venres, 6 de Xaneiro. Casa Ardá. 22:30.
- Andy Morten (Bronco Bullfrog)
- Los Remeros Garajeros (Ángel Kaplan & Powerpep)
- Colin Hare e amigos
Sábado, 7 de enero. Carteles
- Andy Morten
- Colin Hare y amigos
Despois dos concertos haberá pinchadas.
Categorías: Concertos, Fene | Sen comentarios »
Matachin (29-December-2005)
Acábolle de atopar outra utilidade ó Firefox ademais das súas ventaxas sen engadirlle nada, coma o feito de bloquear popups ou facer que desaparezan os incomodos anuncios de Lycos nesta páxina sen ir moi lonxe, pode limpar ainda mais unha web.
Por medio de dúas extensións NoScript e Adblock pódese conseguir que webs como as de descarga de torrents poidan ser visitadas con menores diante, xa que combinando esas duas extensións conseguiredes eliminar toda a publicidade subida de tono.
E se non sabes de que te esou a falar a que esperas para probar o Firefox , só son 5 megas de nada…
Categorías: Informática | Sen comentarios »
Matachin (23-December-2005)
Os que me coñecen saben do meu gusto polos djs que non se dedican a pinchar só electronica e sobre todo gústanme os mash-ups, que é como se coñeece á técnica consistente en coller varias cancións e facer unha nova canción con elementos de ambas.
Todo esto ven polo descubrimento de dous discos un é A Night at the Hip-Hopera onde se misturan cancións de Queen con rimas de figuras do hip-hop e outro chamado American Edit onde, partindo da idea de que Green Day usa riffs doutros grupos remezcla ó completo o seu LP multiplatino American Idiot
Aqui podedes atopar os torrents, aínda que sempre podedes buscar na Mula:
O American Edit xa foi vetado por Warner, haberá que ver canto tarda Disney (propieraria do catálogo de Queen) en facer o mesmo.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »
Matachin (22-December-2005)
Dende Consume hasta Morir, unha especie de Adbusters hispana, fan unha reflexión sobre o tema do Consumo navideño.
Non está de máis en medio do balbordo do nadal parar e pensar un pouco no significado destas festas. Ou polo menos no que non deberían ser.
Categorías: Festas | Sen comentarios »
Matachin (21-December-2005)
Hoxe o Mesón Aturuxo celebra levar 25 anos servindo viños e tapas, e para tal ocasión celebrarase unha festa á tardiña. O Aturuxo é un dos locais con solera de Fene, e en tempos de caferías de deseño aínda quedan sitios con personalidade (para o bo e para o malo).
Se non coñecedes o bar direi que é una taberna a antigua usanza e que as paredes decoradas con caricaturas feitas por mestres do humor gráfico como Xaquín Marín, Siro ou Pinto e Chinto e que de eses debuxos darei debida conta algún día nesta páxina.
Pero o primeiro é o primeiro: ¡Felicidades!
Categorías: Bares | Sen comentarios »
Matachin (18-December-2005)
Xa se pode baixar o video de Territorio Dagger pertencente ó último disco de Airbag ¿Quién mató a Airbag?. Se no coñecedes a estes Nikis de Estepona podedes facervos unha idea escoitando algo do seu punk-pop-ramoniano-surfeiro na sección mp3.
E tirando un pouco dos de casa Boy Elliot fai un agasallo de nadal en forma de canción Sunny Xmas.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »