A Pintega

Tablón de Anuncios

Bang 74

Matachin (2-May-2006)

A semana pasada recibimos ó correo da taberna unha especie de dossier de Bang 74 e como hoxe non teño nada mellor que decir pois ahi vai

Bang 74 son un cuarteto músico-vocal composto polos irmáns Millarengo, Rogelio Arias (dos Arias de toda a vida) e Judd Nelson. Influenciados polo punk e New Wave de finais dos 70 e bandas coma The Who, Cheap Trick, Ramones, Plimsouls, podedes escoitar cómo soan na súa web.

E se estades por Ourense, tocarán este sábado no Rock Club xunto con … si ho, … eses das camisolas a raias.

Categorías: Música | Sen comentarios »

Concertos deste venres

Matachin (28-April-2006)

Lembrade que hoxe é o concerto de Kroke en Coruña pero para aqueles que gustedes mais da música pop no MardiGras Da, Daniel Garuz, un dos tres compositor-letrista-cantantes de La Costa Brava, o mais guapo dos tres concretamente, presentará o seu disco Dormidos en el Zoo as dez e media.

E xa para a comunidade picheleira dende Fene enviamos os locais Boy Elliott e Roge para que actúen no Ambigú tamén hoxe á noite.

Aproveitade o fin de semana, vós que podedes.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Chorando mentres comes

Matachin (27-April-2006)

Comendo e chorando

A espera de que uns taberneiros fagan unha pequena reseña do concerto de Mando Diao, un toque de frikismo para aliviar a espera. Trátase de unha web onde a xente envía videos nos que come mentres está chorando, ou chora mentres come. So se co

menta o que está a comer e porque está chorando.

Sumon chora por Brad e Jennifer, Elliot chora porque non conecta con cine moderno, Sophi chora porque The Arcade Fire en realidade non son tan bos e Maria (na foto) chora porque a americación sabe xenial!

Un dos mellores exemplos para poñer de manifesto que na rede ten cabida calquera cousa que a un lle pase pola cabeza.

Categorías: Para-Noia | Sen comentarios »

Breves musicais

Matachin (25-April-2006)

Concerto

Hoxe á noite actúan Mando Diao no Playa. E pode que aínda queden entradas así que tedes a ocasión de ver o paso de unha das sensacións indies internacionais cerquiña da túa casa.

Reedicíon Hostal Pimodán

Lori Meyers reedita o seu disco en forma de dobre digipack, con novas cancións saídas do forno, acusticas e versions. Ademáis de unha camiseta exclusiva de regalo para os primeiros compradores.

Tamén editaron o estupendo video de Dilema unha especie de As Píntegas meets Memento onde se ven sobre o campo uns curiosos árbitro (Antonio Arias de Lagartija Nick), entrenador e porteiro (Eric e Jota).

Volve Fermín Muguruza

Fermín Muguruza trae novas: publica o avanzo do seu novo disco, un documental que ten posibilidades de ser emitido na tvg e un videoclip feito en 3d que podedes ver na web do diario Berria en formato realplayer ou en youtube.

O album, Euskal Herria Jamaika Clash, é una colaboración entre musicos xamaiquinos e vascos. Un dos alicientes é a versión do clásico de Kortatu La Linea del Frente pasada polo filtro da xamaiquino.

Categorías: Música | Sen comentarios »

OK Go - A Million Ways

Matachin (23-April-2006)

OK Go é unha banda de Chicago na liña do pop indie bailable (están producidos por Tore Johansson, responsable do sonido de Franz Ferdinand) e o ano pasado publicaron o seu novo disco Oh No. E coma carta presentación presentaron o video de A Million Ways onde saen os compoñentes do grupo executando unha complicada coreografía cunha precisión milimétrica.A banda afirma que o video non estaba pensado para mostrar o gran público. Está gravado na casa do cantante Damian Kulash e a coreografía é obra da irmá deste que se adica profesionalmente ó baile de salón. O video é o exemplo perfecto dun videoclip feito con pouco carto e moito inxenio ben empregado.

Leer o resto da noticia »

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Son famoso

Matachin (21-April-2006)

Hoxe saio no periodico, polas follas do final hai un artigo sobre distribucion de música por internet das súas ventaxas e do que axudou a Artic Monkeys. Tamén poñen de exemplo de Fanny + Alexander, Garzón ou The Homens.

Comentan que The Homens retiraron de Myspace as súas cancións porque alguén lles advertiu dos posibles problemas que acarreaba.

Ben, FUN EU, eu fun que llo dixo, saio no periódico de unha forma indirecta pero ese é o meu estilo. Como cando non saín a Santigo xusto o día que lle sacan unha foto a panda cos pantalóns polos nocellos ou como cando me situei xusto detrás dunha mán que me tapaba só a mín e non os amigos que tiña o redor na foto do Santirock que puxeron na Voz.

Ese o meu estilo, xa tíven a miña dose de fama cando fixen de modelo no programa matinal Na Casa que presentaba Tete Delgado ou cando saíu o meu nome completo coa miña nota do selectivo no perodico. Intento manterme nun discreto segundo plano porque xa se sabe, unha vez que te fas unha persoa pública daslles pé os paparazzi para que mercadeen coa túa vida, e por ahí non paso.

Categorías: apintega.com | Sen comentarios »

Delegado Dimisión

Matachin (20-April-2006)

Xa están a venda as camisetas de axuda As Píntegas FS modelo Delegado Dimisión.Se queres axudar o clube por só seis euros de nada podes facerte con ela. A serigrafia da camiseta está feita artesanalmente (e de calidade, non se borrará ó primeiro lavado) e as camisetas son de 160 gramos (de boa marca, non das que se pode ver a través delas).

Non sexas o último en conseguila e amosar o teu descontento con estilo.

A prenda ademáis de ser bilingüe, para os aficionados de fora de Galiza, é multiusos: o mesmo se pode aplicar ó delegado do teu equipo, coma ó delegado de goberno, o delegado sindical, …

Non tes máis que contartar calquera membro de As Píntegas Futbol Sala ou a través de esta páxina.

Delegado Dimisión

Categorías: Pintegas | Sen comentarios »

Pages: Prev 1 2 3 ...51 52 53 54 55 56 57 58 59 Next

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).