A Pintega

Tablón de Anuncios

Sinceramente Carminha

Matachin (10-Xuño-2010)

Non teño constancia de ningún concerto preto pero o que si podo recomendarvos hoxe é o novo material de Novedades Carminha que é un EP de vinilo que sacaron con Bowery Records pero que agora o podedes descargar da súa páxina en bandcamp.

Novedades Carminha – Sinceramente Carmiña

E coidado comigo que se me meteu na cabeza o “No me escupas que te ostio pailaaaan

Categorías: mp3 | Sen comentarios »

Efectos secundarios do Trash entre amiguiños

Matachin (7-Xuño-2010)

Se tedes un amigo que coma min se pasara polo antigo cárcere da Coruña para asistir ao Trash entre Amigos sufririades os efectos secundarios que consistía en repetir frases inconexas e cancións de Dinamita Pa Los Pollos.

A idea era ver unha película comentada en directo e de seguro que a película non perdurará igual na memoria para os que alí nos dimos cita que para os que a poidan ver soiños na casa e sen asistencia que convertera a película en algo mais grande.

Antes de nada explicar que os comentarios estiveron influídos polo fume negro/John Locke encerrado nunha botella para a ocasión.


Para comezar o mantra que acompañou o final da Proxección: Solapas de borrego, estampado de Chupetes, Templarios Funcionarios, Nariz de Kevin Bacon: Leer o resto da noticia »

Categorías: Cine | 3 Comentarios »

The Divine Comedy – At The Indie Disco

Matachin (4-Xuño-2010)

Lembrade que hoxe se inaugura a Super 8 en Ferrol, onde antes estaba a Run Rum. Tarde ou cedo o importante é chegar.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Inauguración do Super 8

Matachin (3-Xuño-2010)

Esta fin de semana está marcada pola inauguración dunha nova sala en Ferrol ou mellor dito do cambio de xerencia de unha sala coñecida.

A Run Rum pechou as súas portas a semana pasada despois de tres anos de actividade e este venres abrirá de novo as súas porta mutada da forma do Super 8: coa pintura aínda fresca e con catro novos donos.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

E para o sábado xa empeza a programación de concertos cun bombazo, The Magnificent Brotherhood veñen directos de Berlín co seu garaxe psicodélico con raices na costa oeste dos anos 60, farfisa e fuzz nun directo considerado das mellores festas do underground europeo.

Teñen dous discos e podedes escoitar en Spotify o seu disco The Magnificent Brotherhood, despois sacaron un en directo e para o outono sacarán o seu segundo disco de estudio en Alemaña porque en Ferrol o sacarán este xoves porque xa advertiron que para esta xira española traerán copias antes da saía oficial do disco.

Aquí tedes un pequeno directo que fixeron fai ben pouco. as entradas son a 8 € anticipadas (as podedesmercar o venres) e a 10€ no día.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Trash entre amiguiños

Matachin (2-Xuño-2010)

Dentro do (S8) Festival de cine periférico da Coruña poderemos asistir a unha sesión de Trash entre Amigos.

Para os que non os sona o nome Trash entre amigos e un evento no se intenta volver a facer de ver unha película unha experiencia compartida e para iso o plantexamento básico de cada sesión é ver unha película durante a cal un grupo formado por Sr. Ausente, Ruben Lardín, Raúl Minchinela e Nacho Vigalondo comentan a película en directo: sen paradas nin rebobinar e sempre coa colaboración do público.

Para o seu debut coruñés a película será El ataque de los muertos sin ojos obra de un director coruñés de culto: Amando de Ossorio e a localización do cine será a Antiga Prisión Provincial de A Coruña (Patio del Frontón).

Este vernres 4 ás 22:30, a entrada é de balde!!

Categorías: Cine | 1 Comentario »

Páxinas: Prev 1 2 ...5 6 7 ...134 135 Next

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).