A estas alturas deberiades todos coñecer El Mundo Today, o máximo expoñente do periodismo satírico en España (por diante de outras webs coma El Garrofer ou Cibercerdo) onde con un grupo de colaboradores de excepción recollen as mellores noticias falsas do día. Trátase en definitiva, de unha resposta española ao tremendo The Onion nos EEUU.
É tal o nivel que teñen as novas que mesmo algunha vez apareceu unha nova en menéame con comentarios de traca por xente que non sabe de que vai a movida, por que as novas serán falsas si, pero moitas parten dunha realidade absurda que temos a diario na prensa.
Pois a noticia de hoxe é que agora sae a súa edición televisiva co soporte da produtora El Terrat de Buenafuente e compañía ¿posible futuro salto á pantalla de TV? xa se verá, polo de agora vexamos como avanza a cousa.
Boat Beam so un grupo de tres rapazas que viven en Madrid (aínda que de procedencias tan dispares como España, Australia ou EEUU) que a base de guitarra, piano, violín ou viola fan un pop acústico moi bonito na onda de Annie B Sweet ou unha das triunfadoras do ano Russian Red.
Estarán hoxe nas Novas Noites do Torrente Ballester as dez da noite, a entrada serán cinco euros.
Coa chegada do outono empézanse a mover as cosas en Ferrol e os da comarca tamén nos aproveitamos un pouquiño.
Para empezar a semana pasada comezou o ciclo Out Jazz que este fin de semana trae a Marc Ayza Group , este ciclo intenta achegar o jazz a xente e para facelo os grupos que traen fan un pequeno circuíto na fin de semana, o venres primeiro unha “Master Class” pola mañá e despois unha Jam Sessión na capela do Torrente Ballester sobre as dez da noite, a entrada é libre. A viaxe acaba co marco do Teatro Jofre, onde o grupo fai un concerto ao uso presentando o seu material, o prezo estará en dez euros.
Outra cousa que trae o outono é o aniversario do Manchita Cosa que sempre que chegan estas datas prepara algún concerto de impresión. Se en outros anos puidemos ver a Triangulo de Amor Bizarro ou The Blows este ano pasarán polo pequeno escenario da rúa Madalena a Juan Rivas, Tarántula ou Damien Jurado (o sabado pasado xa tocou Bart Davenport).
Esta fin de semana tócalle a quenda a Bodycoktail e Rasmus Adaticilos o venres.
Tamén seguirá habendo concertos na Run Rum que dentro do programa do Circuito da Diputación da Coruña traerá os venres concertos gratuítos, este venres toca reggae con Fracasados de Antemano.
A parte no Run Rum tocarán Scandal o sábado. E súma e sigue porque ahi veñen as Novas Noites polas que pasarán xente coma Boat Beam e Annie B Sweet.
Isto é así, unhas temporadas de sequia e outras… vémonos nos concertos!
Fai un ano saíu un xogo tipo “Puzzle” chamado “World of Goo” desenrolado por unha compañía independente de xogos que acadou un montón de premios pola súa orixinalidade e adictividade. Saíu en versións para Linux, PC , Mac e ata houbo unha versión para Wii que se podía mercar a través de WiiWare.
O xogo consiste en mover unhas boliñas animadas, os Goos, dunha punta a outra a través de dun escenario usando a túa habilidade.
Pois ben, despois de un ano de que o xogo saira á luz a compañía fai un Radiohead e permite a xente descargarse o xogo pagando o que cada usuario estime oportuno a partir de 1 céntimo.
Descargádevos a demo e probade esta marabilla, polo menos a primeira fase e veredes como quedades enganchados ao mundo dos Goos.
Fai uns meses flipei cun descubrimento a través de Desparrame, Matador Rockers, un grupo moi novo de Rubí que facía un hip-hop fresco, bailable e futurista que tanto presta en Del Palo.
No myspace de Lio, un dos integrantes xunto con Ra,Puto Chen e Zeto podíanse escoitar tres temas de adianto do grupo onde estaba Tente, aínda que os tres son boísimos o baila como un muñeco Tente metéuseme na cabeza e non paro de escoitar a canción unha e outra vez.
Mais tarde apareceron colaborando no novo disco de Chacho Brodas na canción “Siguieme” e Lio e Ra levan un tempo apoiando a Tremendo nos seus directos.
Agora volveron a dar sinais de vida, acaban de abrir o myspace de Matador Rockers e Ra saca Freedom, unha maqueta que podedes descargar en HHDirecto onde nos amosan outro adianto do vai a dar de si o disco de Matador Rockers.
Entre as cancións está o Tente do que falaba antes e temazos como Pon tu culo en caliente ou Mírame Mamá (El matador Ponk remix). Mesmo samplean aos Simpson nun skit!
Seguídelles a pista, dame a min no nariz que van subir moito.