A Pintega

Tablón de Anuncios

Apaga as luces cando saias da habitación

Matachin (27-Marzo-2008)

Para aqueles que pensan que é mellor deixar as luces acesas porque se gasta mais enerxía ó acender (eu coñezo a algún que o pensa) aquí tedes un vídeo que atopei nun post sobre cómo aforrar enerxía electrica no blog de Sin Dinero, unha páxina onde podedes atopar consellos para chegar mellor a fin de mes.

[youtube W7Lia6lmPXE Cazadores de mitos - bombillas y el consumo del encendido]

Neste vídeo demostran que so é rendable non apagar as luces se vas a estar fora da habitación menos de un segundo na maioría dos casos ou vinte no caso dos fluorescentes, tamén tiran a baixo o mito de que o apagalas duran moito menos.

¡Feliz cumpreanos!

Categorías: consumo | Sen comentarios »

Jazz Manouche no torrente Ballester

Matachin (26-Marzo-2008)

Este xoves e dentro das “Novas Noites” ferrolanas con mesas, velas e unha pequena barra de bar para acadar o ambente perfecto actuarán en directo Aguardiente Swing Quartet no Centro Torrente Ballester.

Aguardiente Swing Quartet

Son estos un cuarteto de tres guitarras mais contrabaixo unidos pola paixón ó Gipsy Jazz ou Jazz Manouche do que Django Reinhardt foi o xenio impulsor nos anos trinta. Nos seus concertos interpretan cancións de Reinhardt, estandares americanos e algunha xenialidade coma o Black Hole Sun de Soundgarden que aparece no seu último disco que que podedes baixar de balde no myspace de Aguardiente Swing Quartet.

Espero non perdermo e gardar material audiovisual do evento, e espero non perderme as actuacións vindeiras no Torrente Balleste, que seguirán ata finais de xuño e teñen moitas cousas interesantes que ver.

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

Non podo máis (reprise) e 140 discos máis

Matachin (25-Marzo-2008)

Non podo máis (reprise)Projecto Mourente está rematando de gravar o seu novo disco (que sairá en soporte físico con A Regueifa) e durante o proceso tivo o detalle de facerlle un regalo a The Homens.

Se hai uns días vimos os Samesugas versionar o Desaparece agora tócalle o turno o Non poido máis (nop nop nop) interpretado polo Sr. Valcárcel.

E por se esto vos parecera pouco aquí deixo un enlace con 140 disco para empezar unha discografia decente listos para a súa descarga,  que atopei en A best Truth.

E por hoxe xa vale de mp3.

Categorías: mp3 | Sen comentarios »

Volta ó traballo con Los Punsetes

Matachin (24-Marzo-2008)

Los Punsetes

Los Punsetes son un grupo de Madrid, que colaboraron con La Fonográfica General de alí e que despois de sacar dúas maquetas e un 7 pulgadas presentan o seu primeiro longa duración en formato CD ou LP.

Pero como teñen licenza Creative Commons tedes a posibilidade de descarga o disco enterito dende a web de Los Punsetes.

En unha primeira escoita parecerán tristes per a mín estanme alegrando a volta das vacacións.

Categorías: mp3 | 1 Comentario »

Facto Delafé y las Flores Azules – El Indio

Matachin (21-Marzo-2008)

Agora mesmo estaremos paseando por Padrón pero eso non é motivo para que vos quededes sen video dos venres. E como o Festival do Norte confirmou o cartel fai pouco pois marcámonos un video de Facto Delafé y las Flores Azules.

Canción que últimamente abre o Disco Grande de Julio Ruiz que tamén estará no FDN baixo o nome de DJ Rojiblanco, boas vibracións para o venres (oxalá teñamos bo tempo).

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Páxinas: Prev 1 2 ...74 75 76 ...134 135 Next

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).