A Semana Santa ferrolana e un dos alicientes turísticos da cidade pero hai xente que a oferta para ese fin de semana non encaxa moito coa sua idea de pasar as vacacións así que para contentar a esa xente … TACHÁN ¡un festival de Reggae!
Os Hypnotic Brass Ensemble é un grupo de jazz formado por nove membros dos que oito son fillos de Phil Cohran, mítico trompetista de jazz.
O grupo é o resultado de dez anos de erguerse as seis da mañá para recibir duras sesións de teoría e práctica da man do seu pai. Esa experiencia foi a base para que anos despois, formaran unha banda que despois de tocar por toda Chicago (a súa cidade natal) decidiran mudarse a Queens e tocar nás rúas de New York, actuacións que actualmente e a pesares do seu éxito continúan a facer todos os días.
Son unha banda de jazz pero con un punto de hip-hop (antes de HBE algúns dos irmáns formaran o grupo Wolf Pack, un grupo co que quixeron afastarse do guns, bitches & bling que imperaba na época) que lles levou a colaborar con artistas coma Mos Def (que os “fichou” tocando na rúa) ou Ghostface Killah ou Erykah Badu.
Referimonos obviamente o sorteo da camiseta das Píntegas, o sorteo celebrouse despois do derbi fratricida da chave entre o equipo A e o B que rematou cun empate a 2 que contentou mais a un equipo que ó outro.
O futbol sala está para darnos poucas alegrías, pero apoiamolos igualmente.
Hoxe é o turno de Duo Kie, o gran tapado do hip-hop español. Respetados por toda a escena pero pouco coñecidos para o público en xeral, e é que a pesar da súa calidade voan por debaixo do radar. Quizais axude a comprender a súa historia o feito de que todas as discográficas cos que sacaron disco pecharon.
Xa hai algún tempo que tocara Santi Campillo no mesmo sitio e este fin de semana tócalle o turno a Sherpa en Búfalo, o que fora compoñente Barón Rojo e compositor de cancións como Hijos de Caín ou Los Roqueros van al infierno pasará por Ferrol presentando as cancións do seu último disco do proxecto que leva o seu nome.
E para a semana que ven mais rock clásico esta vez cos míticos rockabillies Los Rebeldes de Carlos Segarra.
Os vellos roqueiros nunca morren.
PD: na páxina da Wikipedia de Sherpa pon que compuxo cancións para Coyote Dax e El Fary. WTF?
Comentarios