Esta foi unha das cousas que vivimos este sábado, e digo unha porque outra vez foi un día longo. Primeiro fomos a xogar a Ares á chave e pola noite concerto de The Homens + Boy Elliott.
A visita a Ares pódese resumir en: esperar unha hora o bus, pinchos no hotel, descubrimento do Chamizo de Canosa (necesito fotos para mostrar o mundo mundial), debut de Meteorito, perdemos 3-1 pero as risas de despois compensárono, remate no Picas e marchamos para o concerto.
O concerto: Empezou Boy Elliot que fai pouco que estreou banda que o arroupe en directo e as cancións saen gañando co cambio, soan con moita mais potencia, normal no paso de tocar en acústico a tocar con banda pero mais do que eu me esperaba, moi ben por el. Aínda que para que un de San Valentín nos sorprenda…
Despois tocoulle a vez a The Homens, que é unha xente que nunca nos defrauda e sempre o pasamos canica nos concertos e desta vez ademais do recordo do concerto puidemos levar o seu novo 7″ compartido cos Samesugas que ten un deseño espectacular e que ten dúas cancións por barba. Leer o resto da noticia »
Xa que hai que publicar porque Matachín está en plan führer, que nunca falamos aquí de espoiler, e que, qué carallo, porque o tema o merece sobradamente por sí mesmo, hoxe falamos de… COINMAN.
Pero vaiamos por partes. Espoiler, para os que non o coñezades xa, é un blog de Hernán Casciari que, entre outras utilidades, sirve para seleccionar material televisivo de calidade e instrue sobre cómo conseguilo, pero, sobre todo, axuda, sen facer apoloxismos, sobre unha nova forma de desfrutar de material audiovisual de toda pelaxe nestes tempos internauticos que corren.
E como excelente exemplo dun cambio de actitude e dunha excelente selección de material (pedazo descubrimento supuxo para min) o do seu último artigo:
Comentarios