Con Muchachada Nuí aínda de corpo presente son moitos os que agardamos con ilusión o que será o seu próximo proxecto.
Xa levaban un tempo dicindo que necesitaban un descanso do formato que lles fixo famosos. La Hora Chanante empezou no 2002 e Muchachada Nuí era unha versión pulida e perfeccionada do esquema sketches, testimonio/celebrities e animacións.
A principal diferencia era que LHC era mensual e con Muchachada colléronlle a medida ao da tempada con regularidade semanal e abrazaron os 20 minutos de duración.
Querían probar un novo formato e parece ser que xa están a traballar nel. Todo apunta a que o seguinte será unha sitcom de 25 minutos por episodio e público en directo (nada de risas enlatadas), un formato que pode que para un americano non lle vexa nada de revolucionario pero para un público habituado a que as series duran 70 minutos e á que as series americanas de duración similar as programen coma diarias ou en xeiras de dous capítulos o vemos coma o descubrimento da roda.
A serie contara co núcleo duro do grupo (Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla, Julián López, Raúl Cimas e Carlos Areces) e estará ambientada nun museo, agora están inmerso no proceso de creación de guións e parece que a serie comezarase a gravar en agosto.
¿E onde poderemos ver esta (previsible) marabilla?, pois en antena3.neox a canle de antena 3 destinada a un público mais novo e moderno onde podemos ver xa comedias do tipo: How I Meet Your Mother, Big Bang Theory, Glee e outras. Non é a primeira vez que os chanantes traballan en antena3, xa tiveron contacto coa cadea cando fixeran un especial de Nadal fai anos.
¿Onde pode estar o problema? Pois que coa chegada do TDT Antena 3 ten tres canles e a súa estratexia comercial foi a de vender a publicidade en paquetes polo que os cortes publicitarios prodúcense nas tres canles á vez, dándolle prioridade á súa primeira canle polo que é na clásica onde os cortes teñen certa lóxica e coma consecuencia nas demais prodúcense barbaridades no ritmo coma cortar polo medio dunha frase.
Así e todo, a cousa promete. Xa me tarda e ate o de agora non me decepcionaron.
Outro ano mais chegou o Festival do Norte, un clásico do indie a un prezo inmellorable. Sempre haberá quen se queixe do cartel e pida esforzos mastodónticos para traer o grupo internacional de moda pero eu estou encantado coa súa política.
Hoxe abre Emilio José e entre os pratos fortes Nada Surf e We Are Standard. Tamén a volta de Dorian, desta vez no escenario “grande” despois de petar a carpa fai uns anos.
Pero o día gordisimo é o sábado comezando cos ferroláns Carrero Bianco, os incribles Los Punsetes (dos que so puiden ver as últimas catro cancións no concerto en Barcelona ) , Los Planetas presentan o seu último disco no que colabora La Bien Querida que tamén estará no FDN, e na entrevista de hoxe en La Voz din que estiveron ensaiando xuntos para a ocasión.
A emoción de Nudozurdo, JJ e Pete & The Pirates e El Guincho para rematar a festa nos escenarios: logo os DJs.
Comentarios