Matachin (17-Decembro-2007)
Gracias a Chuza! entérome de que de que Tony Lomba & Elio dos Santos volven este nadal para regalarnos o himno bandera , bandera fiel reflexo do panorama nacional. Podedes escoitala en myspace.com/sudamaricones
PD: En canto o teña, material audiovisual do concerto de The Homens en Ferrol o poño aquí.
Categorías: Humor, Musica | 4 Comentarios »
Matachin (15-Decembro-2007)

Hoxe pola noite toca The Homens no Run Rum e por descontado que ali nos veremos todos, iso si o mediodía temos mariscada+chuletón no Mundial amén de café e chupitos. E as nove As Píntegas xogan en Caranza así que vou ter que apurar para non perderme os primeiros compases (xa me amolaría que hoxe os concertos empezasen á hora).
Despois Maxipelo paseará o seus vinilos pola cabina do Run Rum o que me deixa en bandexa unha ocasíon tan boa coma calquera outra para ligar un video dos Beastie Boys: Three Mcs and one DJ.
Categorías: Concertos | 1 Comentario »
Matachin (14-Decembro-2007)
[youtube al1m8Zbgq5g Ike & Tina Turner - River deep Mountain High]
Non lembro ben como foi. Fai un tempo un lider político dixo que era fan de Silvio Rodriguez pero que despois de oirlle unhas declaracións, creo que sobre a situación cubana, decidira tirar todos os seus discos. Hai xente para todo.
Ike Turner era un mal bicho, como moitos outros mitos, pero descubreu a Tina Turner e a súa marca coma productor quedará para sempre no mundo da música.
Categorías: Videoclip | 1 Comentario »
Matachin (7-Decembro-2007)
[youtube MhxrMoXp3-g Violadores del Verso - 8 lineas]
Con isto da ponte non me lembraba de poñervos un video. Hoxe volve tocar hip-hop con a que para mín é o mellor corte do Vivir para contarlo, nun video feito por Alberto Blanco con deseños de inocuo.
Todos os grupos de hip-hop deberían ter cancións así, normalmente limitanse a poñer cada un o seu párrafo pero aquí doble v supérase con xogos vocais entre os tres mcs. Pronto sairá outro DVD en directo con horas de documentais e videos, amén do Maxi en vinilo das cancións novas que veñen co directo. Apetecible.
Categorías: Videoclip | 3 Comentarios »
Matachin (3-Decembro-2007)
… podendo ter ACCIÓN TREPIDANTE.

Ou iso é o que pensan en Movies Distribucion, tenda de DVDs sen o cache que teñen outras mais coñecidas pero con ofertas interesantes.
Teñen as películas ordenadas en categorías que fan referencia a xéneros, actores, temática pero houbo unha que me chamou particularmente a atención Acción trepidante e o acceder a ela comprobo que so hai UNHA película: SUBMERGED de Steven Seagal (descoñecida producción británica do 2005), esa era todo o contido da categoría.

Nunca a vin pero debe de deixar Shoot’em up a altura do betún.
Categorías: Cine | Sen comentarios »
Comentarios