Matachin (30-Novembro-2007)
[brightcove 232255637 Dengue Fever - Sni bong]
Hoxe non sabía que video poñer, pero outra vez mais dende Epic-Fu (o meu videoblog favorito mundial) descubrenme un grupo novo Dengue Fever que son un grupo de California con cantante cambodiana que saben misturar moi ben o oriental coa psicodelia e o pop. Ó parecer meteron cancións súas en Pulp Fiction ou en pelis de James Bond.
A que molan! a vos que vos parecen?
Categorías: Videoclip | 1 Comentario »
Matachin (29-Novembro-2007)
Que teña a Juan de Dios e a Loza na banda ten un pase. Pero que suban con el ó escenario Budiño, Julián Lopez (que marcha me llevas!) e Josele Santiago xa é pasarse.
Cando eu teña unha banda vou subir con Faemino e Cansado, Kase.O, Vigalondo, Flavio Cianciarulo, …
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (28-Novembro-2007)

Mais fotos curiosas en pizdaus.com
Categorías: Humor | 2 Comentarios »
Matachin (26-Novembro-2007)
bizarro, rra
(De it. bizzarro, iracundo).
- adj. valiente (‖esforzado).
- adj. Generoso, lucido, espléndido.
Asi soaron Triangulo de Amor Bizarro o sábado no Manchita, xa os viramos en Vilagarcia pero e que o son non tivo comparación. Cambiaron o volume por potencia sonora e as canción gañaron moitísimo.

Se o público estivese un pouco mais participativo e non tan estático sería un concerto memorable, pero deu igual, paseino coma un anano.
A anécdota: como mostra do en familia que se estaba no Manchita TAB empezaron tres veces Isa vs el Partido humanista e a terceira entre risas Isa comenta: Es que empezábamos cada uno una canción distinta. Que volvan, que serán ben recibidos.
A foto mangueilla a Ruben do seu fotolog, as reclamacións nos comentarios.
Categorías: Concertos | 3 Comentarios »
Matachin (24-Novembro-2007)
Hoxe pola noite o Manchita Cosa celebra estar catro anos seguidos poñendo copas e música na rúa Magdalena de Ferrol.
E para a festa traeron a Triangulo de Amor Bizarro e a FRANC3S, grupo de Carballo que se move en similares ambientes ruidosos dos coruñese, TAB fai pouco presentou un novo disco a base de cancións inéditas da gravación do seu álbum debut e as maquetas das canción que si entraron.
Felicidades e a ver se nos pasamos por alí.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Comentarios