Matachin (23-Novembro-2007)
[youtube 5n-C8CyCp00 Manos de Topo - El cartero]
Manos de Topo son un grupo xestado en Barcelona, a base de dous cataláns e dous vigueses, con unhas letras surrealistas e unha peculiar forma de utilizar a voz que recorda a El Niño Gusano. Se ven é certo que estes últimos eran mais pop de psicodelia e MdT tiran mais pola banda do cantautor.
E para presentar o seu disco fixeron un video moi ben rematado, que conta unha historia mistura entre conspiración e típico conto de amor e celos, que como outra canción do disco, fai referencia o asasinato de JFK. Moi recomendable.
Certamente un grupo curioso e proximamente pasarán por Coruña e Vigo, así que poderemos ver como van en directo.
PD: Manos de Topo = Jands Topo?
Categorías: Videoclip | 1 Comentario »
Matachin (16-Novembro-2007)
[myspace 22031036 La Casa Azul - La Revolucion Sexual]
Fora máscaras, Guille Milkyway da a cara por primeira vez nun video, nunha das mellores cancións do seu novo disco.
A ver cando toca pedido a Elefant Records e conseguimos o disco nun elegante vinilo branco.
Categorías: Videoclip | 1 Comentario »
Matachin (15-Novembro-2007)
O pasado domingo un rapaz de 16 anos foi asasinado no Metro de Madrid nos prolegómenos dunha concentración da ultradereita e a partir de este suceso as mostras de repulsa reproducironse en toda España. Hoxe recibín este correo:
O sábado as 19:00 hai concentración no Canton (fronte ó edificio de Caixa Galicia) en repulsa ó asasinato do domingo pasado en Madrid baixo o lema ‘Contra o Fascismo e o Racismo, ningunha agresión sen resposta’
Acude para demostrarlles que Ferrol é Antifascista.
Pasao
Categorías: Política | 1 Comentario »
Matachin (12-Novembro-2007)
[youtube YdUlhERooCQ Rober Bodegas - BORRACHO]
O que se perde un o non ver a televisión os sábados á noite, un acostúmase os programas de Jose Luis Moreno e adquire un bloqueo mental que sitúa as noites na primeira como unha opción pouco recomendable.
Pero agora dan o programa (un formato que xa pasou pola Galega) El Rey de la Comedia, onde o mellor humor sae do galego Rober Bodegas un tipo que aparte de ter boas historias as conta moi ben e cun inconfundible acento galego, por que o humor non so ten acento andalú.
E ademais, tamén ten gusto musical que en verán coincidimos con el no Festival do Norte de Vilagarcia.
De paso recomendo os blogs de dous guionistas do programa: Los Mundos de Prol e Klaatu Barada Nikto
Categorías: Humor, TV | 1 Comentario »
Matachin (9-Novembro-2007)
Non sei de que grupo oín que a palabra cool estaba desvirtuada e que querían volvela a poñela ó seu nivel, creo que a min pásame o mesmo o mesmo con guay.
[youtube _CiL5Rb3xEI Chacho Brodas]
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Comentarios