Airbag - Comics y posters
Matachin (25-January-2008)
O disco de Airbag está ó caer e parece que xa é verán…
Categorías: Videoclip | 2 Comentarios »
Matachin (25-January-2008)
O disco de Airbag está ó caer e parece que xa é verán…
Categorías: Videoclip | 2 Comentarios »
Matachin (20-January-2008)
O novo disco de Airbag sairá á venda o próximo 4 de febreiro pero xa se pode reservar Alto disco na web de Wildpunk, ademais na nota de prensa da web falannos do disco e da dirección cara o Power pop que levan os de Estepona sen abandoar nunca a sua raiz punk pop surfeira.
O disco tamén se edita en vinilo nun elegante color rosa chicle, ideal para fetichistas, dende a tabena seguro que cae un pedido.
A web oficial de Airbag está en obras pero no seu myspace pódese escoitar o que será o seu primeiro single/videoclip.
Xa sabedes ¡Esta es la juventud de Airbag!!
Categorías: Música | Sen comentarios »
Matachin (3-December-2006)
Xa está dispoñible na súa páxina web para a súa libre descarga o novo single de Airbag Buscando los regalos de navidad, adianto do seu novo LP que sairá o ano que ven, aínda que non se sabe cando.
Según di Adolfo no seu blog, a sacan agora pola súa temática navideña e ten toda a razón xa que cos seus cascabeis navideños e os seus lalalas a convirten nun regalo inmellorable pra estas datas.
A ver se cando saquen o seu novo disco quedalles tan bo e bonito coma o anterior.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »
Matachin (28-August-2006)
A ver se deixo dunha vez as vacacións, que o tempo pasa e os temas vanse acumulando, xa hai máis de dúas semanas que empezou o Felipop…
Os de arriba son Airbag que no medio dun xentío atavido con gafas de buceo, colchonetas e flotadores deron o concerto máis potente da fin de semana (… esta es la juventud de Airbag!),o resto do podio foi para Sr. Mostaza e os coñecidos Paul Collins e Fortune Tellers, diploma para o moi prometedor proxecto vigués Ectoplasma (moi simpatico HAL 9000).
Salientable (por fugaz) foi a aparición de Litto Nebbia: casi foi máis longa a presentación que as tres cancións que interpretou, eso sí, dunha forma moi sentida. Tamén a sesión vermú, distinta, que convertíu nunha festa o que soía ser una sesión chillout (por certo teño a gravación dun concerto anterior dos Zares que se pode poñer en internet).
E coma sempre o mellor volver a saudar ós sospeitosos habituais coma Jomi e Daniel Pulsar ou Sandra Juniper e ós novos coma a rapaza que a súa vez me “presentou” por fín a Roi e este a súa vez a Pol, e a familia crece e crece … en fín, de hoxe nun ano.
Categorías: Concertos, Fene, Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (18-December-2005)
Xa se pode baixar o video de Territorio Dagger pertencente ó último disco de Airbag ¿Quién mató a Airbag?. Se no coñecedes a estes Nikis de Estepona podedes facervos unha idea escoitando algo do seu punk-pop-ramoniano-surfeiro na sección mp3.
E tirando un pouco dos de casa Boy Elliot fai un agasallo de nadal en forma de canción Sunny Xmas.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »
A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by
WordPress
Entries (RSS)
and Comments (RSS).