O mundo da curtametraxes sempre se moveu noutro plano distinto do que se move o cine en formato longo. Así que sempre é boa noticia que aparezan programas como Veo en corto, onde os domingos pola tarde proxectan algúns cortos e fan entrevistas a personaxes relacionados co mundiño (directores, productores, …). Na Galega temos Onda curta que está moi ben, pero a unhas horas mais intempestivas que en Veo que ó estar nunha canle xa de por sí minoritario pódese permitir o luxo de emitilo as sete e media da tarde.
Onte por exemplo coñecín a curta “Proverbio chino”, de Javier San Román, que me gustou moito e que está nominado ós Goyas deste ano, e de ahi veñen as malas noticia, dos Goya.
Este ano a academia pasou de menosprezar as curtas na súa gala a directamente ningunealos, vamos que nin sequera estarán na gala se non que se entregarán os premios durante un piscolabis. Aquí vos deixo comentarios do tema do sempre presente nesta taberna Vigalondo, dun mais belixerante Asobinao ou do veciño Alberto Alonso.
PD: hoxe comprei un DVD en Alcampo con El Horror e La Pequeña tienda de los horrores de Roger Corman /JackNicholson por un euro. Tamén habia un DVD con Gattaca (Obra mestra), Krull (clasicazo) e STARSHIP TROOPERS 2!!! (casi trago pero non…)
Este luns jans_topo e mais eu tiñamos ganas de ir ó cine pero non puido ser porque as salas de toda España fixeron folga pola lei que pretende impoñer unha cuota de cine español, o que os empresarios responderon cun paro (o luns, día punta no cine como todo o mundo sabe) porque din que o cine español non lle gusta ó público.
Onte fomos ver cine español: Bajo las estrellas, película multipremiada no festival de Malaga, é unha comedia dramática protagonizada por Alberto San Juan e Emma (Desde que te vi en Orquesta Club Virgina, yo decidí que serias mi actriz favorita) Suarez e quedamos francamente satisfeitos coa experiencia.
A típica historia dun desgraciado que consigue unha segunda oportunidade ó volver o seu pobo co seu irmán e coñecer unha nena filla da moza deste. Como dixo Candida en Gomaespuma é unha película moi bonita con momentos desconcertantes e cun humor as veces absurdo, as veces moi sutil. Chamounos tamén a atención a música cun Enrique Morente cantando en inglés ou os ramalazos ye-yes cando soaba na radio a canción Stasera mi butto de Rocky Roberts.
En fín, altamente recomendable. Posiblemente repitamos a semana que ven con Ladrones outra peli que pasou por Malaga con Ballesta facendo de quinqui (ou de Ballesta) e Maria Valverde (da mesma idade e tamén con un Goya).
O video corresponde á banda sonora de El Sindrome de Svensson primeira incursión no largometraxe de Kepa Sojo, autor da curta surrealista e plagada de caras coñecidas Looking for Chencho onde daba unha idea do seu humor absurdo e dun bo gusto musical con banda sonora impresionante a cargo de grupos coma Juniper Moon e a actuación en directo de Cecilia Ann. No síndrome repite protagonista e unha banda sonora onde aparecen La Casa Azul ou Nosotrash e outra colección de personaxes peculiares.
Como se estreou a semana pasada e xa pasara por festivais, circulan pola rede críticas que a poñen polas nubes coma o seu amigo Vigalondo ou outras que a comparan con Año Mariano, mesmo Jordi Costa di da cinta que:
La epidérmica puesta al día de un costumbrismo disfrazado de disparate ancla esta apuesta por la desintegración narrativa en los páramos de un convencionalismo que se sueña libérrimo y (quizá) radical. Sin serlo.
Dame igual, a mín non me quitan as ganas dir vela (se a estrean cerca, que esa é outra). Se queredes saber algo mais de la pasade pola web de El Sindrome de Svensson para ver videos e baixar as canción de Los Balones a nova esperanza do indie pop.