Matachin (14-August-2008)

Dentro de un ratiño tiramos cara Vilagarcía de Arousa a ver a Gogol Bordello que xunto con Lamatumbá e os Festicultores actuarán dentro das festas de San Roque. Ós grupos galegos xa os vimos en directo e xa vimos videos de como as gastan estos xitanos (ollade cara o minuto 5) así que a festa vai ser boa.
E o sábado pola maña a festa de camisetas molladas mais grande de Galicia.
E para rematar dúas cousas: a foto é de Greg Younger e que viva a Creative Commons!
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (24-March-2008)

Los Punsetes son un grupo de Madrid, que colaboraron con La Fonográfica General de alí e que despois de sacar dúas maquetas e un 7 pulgadas presentan o seu primeiro longa duración en formato CD ou LP.
Pero como teñen licenza Creative Commons tedes a posibilidade de descarga o disco enterito dende a web de Los Punsetes.
En unha primeira escoita parecerán tristes per a mín estanme alegrando a volta das vacacións.
Categorías: mp3 | 1 Comentario »
Matachin (26-June-2007)

Good Copy, Bad Copy é un documental danés sobre o tema da cultura do remix e os dereitos de autor, Con imaxes gravadas en sitios tan dispares coma os EEUU, Moscú ou Brasil onde falaron con xente coma Girl talk, Danger Mouse, Lawrence Lessig, un pirata ruso ou xente de PirateBay e da MPAA, todos eles con interesantes puntos de vista sobre o tema.
O documental está sendo distribuído de balde a través de piratebay, todo subtitulado en inglés, o que axuda a súa compresión aínda que se non tes nin papa sempre podedes recurrir a versión en portugues.
Altamente recomendable.
Categorías: Cine | Sen comentarios »
Matachin (6-March-2007)
Acabo de atopar a través de Mangas Verdes unha poesía que ben podería interesar os autores de defenden a capa e espada a autoría das súas obras.
¡Hasta que el pueblo las canta,
las coplas, coplas no son,
y cuando las canta el pueblo
ya nadie sabe el autor.
Tal es la gloria, Guillén,
de los que escriben cantares:
oir decir a la gente
que no los ha escrito nadie.
Procura tú que tus coplas
vayan al pueblo a parar,
aunque dejen de ser tuyas
para ser de los demás.
Que, al fundir el corazón
en el alma popular,
lo que se pierde de nombre
se gana de eternidad!
Antonio Manuel Machado
Editado: Parece ser que a copla era do seu irmán Manuel, corrixido queda.
Categorías: Música | 1 Comentario »
Matachin (6-April-2006)
Xa está aqui dende Santiago DC o novo de The Homens en forma de EP co seu power-pop en galego. Recomendable para os amantes das guitarras enerxéticas e boas melodías pop, na súa web vexo que pasearán as súas camisetas a raias por Galiza tocando o 5 de maio no Rekuncho (As Pontes) cos locais Bang 74. A ver se poido ir.
E xa postos a repartir música de balde, para os que non o sabíades fai algún tempo que tamén se pode baixar o último EP de Garzón Otra Fuerza que sacaran con Grabaciones en el Mar (tamén teñen video da canción que da título ó EP).
Os que buscades algo máis elegante sempre podedes volver a Solina, tamén con licencia Creative Commons.
¡Adiante Camaradas!
Categorías: Humor | Sen comentarios »