A Pintega

Kitty, Daisy & Lewis – Going up the country

Jans_topo (16-Xullo-2010)

¡Hoxe todos a Caldas!

Categorías: Concertos | 3 Comentarios »

Lagartija Nick – Contar lo que no puedo contar

Matachin (3-Xullo-2009)

A semana que ven Lagartija Nick en Caldas de Reis, un dos conciertazos da noite.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Mais confirmacións para o Cultura Quente

Matachin (24-Maio-2008)

Cartel Cultura quente

Deluxe, Vestusta Morla, Sunday Drivers, Café Tacuba… ó principio non coñecíamos a ningun grupo. Pero agora xa se vai con mais ganas ó Cultura Quente, aínda que eu xa estaba apuntado :) .

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

De volta de Caldas

Matachin (18-Xullo-2006)

Xa de volta de Caldas e despois de descansar é o momento de recordar o máis salientable do fin de semana.

Do primeiro día de festival a gran sorpresa foi o descubrimento de Alamedadosoulna que co seu ska (maiormente) instrumental e os seus sketches entre cancións fixeron moverse a toda a concorrencia. É a primeira vez que vexo que un grupo pide que a xente se achegue o escenario e ninguén dubida un instante en unirse á festa. No momento álxido, cando tocaron o Pedorazu de Tokyo Ska Paradise Orchestra (a versión ska da música do tetris) para despedirse xa estabamos completamente entregados, resultado: compra de CD e camiseta (xa somos fans).

Canteca de Macao, Le Punk e Dhira achegaron a festa e BNegao hip-hop de calidade pero esa noite, xa nos quedaramos cun claro favorito.

(máis…)

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Empezamos…

Matachin (12-Xullo-2006)

Empeza a temporada de festivais para os habitantes da taberna, como cada ano dirixímonos a Caldas de Reis para asistir o Cultura Quente que este ano se presenta moi interesante.

O primeiro día é perfecto para empezar a festa bailando a ritmo de ska, flamenquillo e funk con grupos como BNegão (Planet Hemp molan e espero moito de él), Canteca de Macao ou Alamedadosoulna (multitudinaria banda de ska da que se intue unha boa festa); e o segundo é máis indie e rocanrol coa volta de Los Enemigos como plato forte, polo menos para nós. Xa hai moito tempo dende que os vimos no concerto de despedida e temoslles gañas. Ademáis ouir a Artemio cantando Juan Valdés non terá precio e ¿qué versións tocarán? saberémolo o sábado.

E o resto do cartel da vértigo: John Spencer, Lori Meyers, Mando Diao, Robert Gordon, Big Boss Man, Los Coronas, … a ver como chegamos o domingo.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).