Levo toda a semana escoitando a Electric Six no coche e en cada traxecto que fago escoito polo menos unha vez esta canción, a preparación perfecta para a fin de semana.
Non podo parar de cantar! E o video axuda un montón, como dixo o director do video “Risky Business on acid”
AWESOME! Aínda me doen as pernas do concerto de Electric Six o domingo no Artículo 20 en Avilés (e as seis horas de tren non axudan moito) pero valeu a pena todo con tal de ver a Dick Valentine en acción.
Apoteósica a súa saída ao escenario cunha capa o soar a primeiras notas de Flashy Man e mais apoteósica cando para It’s Showtime sacou esa capa e tiña ¡outra debaixo! e os poucos GAY BAR!! e non paramos de bailar en todo o tempo.
Logo do Gay Bar veu o tema da comunicación; Dick intentou conversar co público e deuse de conta de que o 95% non tiña nin papa do que estaba a falar asi que empezou a sorir á xente con cara de estupefacción e cambiou as conversas para dedicarlle ao público todo o castelán que sabía. A saber: “Soy jugador de baloncesto” e “Viva la guerra mundial 3″
Ante a imposibilidade de relacionarse co público dedicouse a cantar e moverse polo escenario co seu personalísimo estilo, mesmo facendo unhas flexións para amosar o seu poderío: resultado un dos meus concertos do ano.
O fin de semana que ven e nas vésperas do meu aniversario algúns taberneiros marcharemos cara Avilés para asistir o festival Articulo 20, no que se xuntan competición de skate, música e exhibicións de arte.
A primeira nova foi que Airbag tocaban preto polo que xa tiñamos pensado achegarnos pero a bomba caeu cando soubemos que os Electric Six actuarían polo que soben o nivel do domingo dende pensarnos de quedar ou non ate que o domingo sexa o día que espero con maior expectación.
Se a todo isto sumámoslle Standstill, Cápsula e outros por descubrir e o anti-Karaoke non nos queda outra que apuntarnos!
PD: Estou por prepararme unha canción, sei que non teño voz ningunha pero a ver como vai o nivel .
Comentarios