Matachin (30-Xuño-2010)
.jpg)
Veñen de publicar no blogue do Felipop o cartel cos grupos que tocarán en Limodre este ano. Alex Díez ven e non de público, Rubinoos (que os vimos fai pouco) e grupos que repiten coma os Philippes ou os grandísimos Niño y Pistola.
E esta vez non me colle fora de España
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Jans_topo (7-Agosto-2009)
Mañá no Felipop, por fin poderei velos en directo.
Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »
Jans_topo (6-Agosto-2009)
E non me refiro a que, ó non estar Matachín, teña que encargarme eu da taberna, senón a que este fin de semana coincide o Felipop coas festas patronais.
Para o Felipop, aparte do cartel que xa levaba tempo confirmado, destacar que hoxe actúan en Casa Ardá Bang 74 a modo de inauguración do festival.
En canto ás festas patronais, os amantes das verbenas temos hoxe a orquestra “Fin de siglo” e mañá a orquestra “Galilea”. Máis información na páxina de fene.com.
En Ferrol o sábado tocan Habitación 92 na sala Run Rum, entrada a 3 euros con regalo do seu novo EP.
Non se descarta presencia pintegueira en algún concerto en Estambul.
Categorías: Concertos, Fene, Festas | 3 Comentarios »
Matachin (11-Xuño-2009)
Este venres Los Tigres del Cañotas presentan o seu disco Love Songs en Casa Ardá, será curioso escoitar o seu hit Felipop no corazón mesmo de Felicia.

O concertos será as once así que xa sabedes, a ver partidas de chave ao Emigrante e despois rocanrol en Ardá.
O sábado non hai moito sitio onde ir pero se estás por Santiago eu de ti achegaríame ao CSC do Castiñeiriño para asistir a unha nova edición do Rock na Costa: Green Machine, Novedades Carminha, Royalties e Minapolaris.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (19-Maio-2009)
Confirmado o cartel para este ano, parece que despois duns anos saíndo do festival con cara de “tú antes molabas” o Felipop volve a ser unha festa.
Doctor Explosion, Zodiacs, Miss Black Emotion, J. Teixi Band… so con oír os nomes xa me entran gañas de festa.
Venres 7 Agosto
Sábado 8 de Agosto
Categorías: Concertos | 3 Comentarios »
Comentarios