¿Queredes empezar ben a fin de semana? Pasádevos hoxe polo Lar de Picas a ver a Los Tigres del Cañotas, show asegurado con esta boy band fenesa na súa tourné anual por Ares.
¿E mañá? ¿que temos para mañá? Pois moitos incautos irán a pasar a fin de semana ás Pontes que celebra as Festas da Fraga onde mañá estarán Sidonie como cabezas de cartel no Nabiza Rock deste ano.
Dous concertos me interesan para ver a fin de semana, o primeiro é o que farán na Run Rum o sábado Nadadora. Os do Grove xa gravaron o que será o seu terceiro longa duración e agora están e fase de misturas con Fino Oyonarte. Pode que poidamos ter a opción de escoitar algo do material novo.
Ademais, compartirán escenario con The Secret Society e Big City (en solitario) polo que por tal ocasión ben merece a pena achegarse.
O outro concerto que quero ver é o que darán no Manchita Cosa Pablo Seoane (piano)& L.A.R. Legido (batería) o venres co seu proxecto Lupercal e teño gañas de veos principalmente por L.A.R. Legido. Eu que son un tipo que cando vai un concerto onde toca Loza (con Sex Museum, Los Coronas, Deluxe, etc) principalmente atendo ao que el fai ou que cando vin a Nueva Vulcano flipei con Albert Guardia o de volver a ver ao batería de Sumrrá en acción préstame bastante. A ver se alguén se apunta a un concerto de free jazz (xa veremos)
Tamén andan por Galicia Sidonie, Extraperlo e algún mais. Fagades o que fagades pasádeo ben
Nongratos son de Ferrol pero agora residen en Vigo, despois de un primeiro EP mais próximo ao hip hop con colaboración de Sr. Zambrana lanzan agora La ciudad está muerta que avanza cara a electrónica.
- Perdoa, ¿eres vil?
- ¿Perdón?
- ¿Pimpines y Perrechas?
- ¿?
- ¿Estas no focoforo?
- Si eso si.
- E que hai un usuario que se chama Vil e fixo un disco acojonante.
Despois de aclararlle o equívoco anotei mentalmente revisitar o focoforo na busca de este post no que Vil, ferrolano e parte do dúo Megaloves presentaba seu disco como The Two Halfs que abre co seu hit Pimpines y Perrechas e outros exercicios de piano de vaudeville (Caca-Cola, La sonrisa del Payaso, Te Quieren), ukelele (El asesino del pueblo) e letras delirantes.
Suponse que todo parte da idea de facer una canción ao día durante vinte días para despois gravalas cun pouco mais de tempo.
O resultado por momentos soa a La Banda Sin Nombre pero en plan midi.
Se o escoitades sen prexuízos seguro que sacades algo de proveito.
Comentarios