¿Que podemos dicir da edición do FDN deste ano que non se dixera xa? A priori o cartel no tiña nada que nos chamara especialmente a atención, estaba formado por artistas que xa viramos antes en varias ocasións pero o de ver xuntos a tantos artistas que nos gustan por separado xa era bastante reclamo para asistir a un festival ao que levamos varios anos seguidos visitando sen falta.
Sen poñerme en plan crítico e resumindo direi que eu me quedo co descubrimento de Extraperlo ou o poder ver por fin a Manos de Topo ou Love of Lesbian (os que non fun a ver ao Playa e agora me arrepinto moito). Os outros coñecidos (Vetusta Morla ou Standstill) fixeron bos concertos e os que non coñecíamos cumpliron con xeito.
Pode que contado así pareza que non quedei moi entusiasmado (outro ano quedei mais marcado por algún concerto) pero paseino moi ben e a relación calidade prezo paréceme insuperable. Parece ser que o de traer a grupos coma VM ou Russian Red estalle a sair bastante ben ao festival, este ano pareceume ver mais xente que nos anteriores, e pode que o ano que ven traian a alguén que nos sorprenda.
Como punto negativo, este ano no habia pizza (ooooooooh) e parece ser que aínda que este ano a acampada estaba mais preto houbo o problema de que parece ser que a alguén robaronlle cousas (e a sorpresa da ducha non ten nome).
Para o video de este venres The Right Ons, grande descubrimento do Festival do Norte da pasada fin de semana. Rhythm and blues de calidade, o fruto do rock & roll exprimido directamente de Sly Stone, Jimi Hendrix, Sam Cooke, etc… nun concerto que desprendía enerxía, actitude e diversión que non queda reflexada nin de lonxe no video ou no disco pero que espero a disfrutar pronto en concerto. Pero non foron o único a destacar do FDN.
Dentro de un ratiño arrancamos cara Vilagarcía de Arousa ó Festival do Norte, o ano pasado o pasamos moi ben e este ano non debería baixar o nivel.
Por outra parte dame un pouco de pena (so un pouco) ir porque maña en Ferrol hai dous concertos ós que tiña gana de ir: The Kanaloas no Carteles e Lascivos na Run Rum. Pero o primeiro é o primeiro.
Agora mesmo estaremos paseando por Padrón pero eso non é motivo para que vos quededes sen video dos venres. E como o Festival do Norte confirmou o cartel fai pouco pois marcámonos un video de Facto Delafé y las Flores Azules.
Canción que últimamente abre o Disco Grande de Julio Ruiz que tamén estará no FDN baixo o nome de DJ Rojiblanco, boas vibracións para o venres (oxalá teñamos bo tempo).
Dentro de nada saímos directos a Vilagarcía directos o Festival do Norte a ver poppies, patillas e algún grupo de música. Voa idea a de tirar polo produto nacional en vez de facer un festival con proxección internacional.
A saber: Lori Meyers, Grupo de Expertos Solynieve, TAB, Sr. Chinarro ou Astrud (todo o mundo con chisqueiros para corear Noam Chomsky se ha enamorado de tí!!)…. Parece que vai a ser un bo fin de semana.
[youtube o2UjE2Dioes Youtube: Astrud - Vertedero de Sao Paulo]