Matachin (29-Maio-2008)
Xa é oficial. A partires do 1 de xullo Fly Music deixará de emitirse na TDT (e supoño que en calquera outra plataforma) e no seu lugar poderase ver o Disney Chanel.
Hai varios blogs coma Vayatele ou Chica de la tele que ven a chegada da Disney á TDT coma unha boísima noticia, pero para moitos non o é en absoluto por dúas razóns.
Por unha banda Flymusic era unha proposta de canle musical digna, que abarcaba unha parte da escena musical española e internacional da que ningunha outra canle se ocupaba, que a pesares de que non tiña tan pouca audiencia (un 1 % para a TDT está bastante ben supoñendo que creas no método de medición de audiciencias, cousa que eu non) non souberon sacarlle rendemento económico.
E a outra é o sustituto: Disney, esa empresa diabólica que pasou de elevar a animación a categoría de arte a converterse en unha multinacional sen escrúpulos á hora de facer cartos, que de un tempo a esta parte está concentrada en facer productos tan políticamente correcto que non lle sae un producto digno desde fai anos.
Xa sei que os cativos andan necesitados de espacios infatis, pero se eu fose pai non desexaría que Hannah Montana fose o exemplo para os meus fillos.
Categorías: TV | Sen comentarios »
Matachin (21-Febreiro-2008)
Sempre pensei que Flymusic é un gran invento, por iso cando ultimamente cambiei de canle e vin que os anuncios duraban demasiado extrañoume un pouco e xa sei o que pasa.
O que pasa é que Vocento (o grupo que anda detrás de Telecinco) está a intentar sacar un pouco mais de rentabilidade e por iso de 10 a 6 da tarde conecta con unha canle de teletenda para conseguir mais cartos por esa vía.
Esperemos que sexa un erro pasaxeiro e non pensen en abandonar o proxecto, Flymusic e necesario un pais demasiado amigo dos 40Latino…
Por certo, se saídes hoxe por Ferrol e queredes música en directo hoxe tocan Riff Raff no Sikaru.
Categorías: Musica | 1 Comentario »
Matachin (1-Febreiro-2007)
Aqueles que non teñades TDT ou aqueles que non recibides o sinal de televisión por R non sabedes o que vos perdedes. Refírome a FlyMusic, unha canle de TV que emite de forma gratuita a través de ditas plataformas.
Aínda que pode aparecer de vez en cando un video de Alejandro Sanz ou similares, a base musical da canle é indie quizais con un pouco de postureo pero aínda así danos a oportunidade de coñecer os últimos hypes (Hype: sust., dise do último mellor grupo da historia, impulsados pola prensa na última semana) ou ver grupos españois que non soen ter cobertura por outra canles (de radio ou televisión) de discograficas como Elefant, Grabaciones en el mar, Sinamon, BCore e similares. Ata é posible ver algo de hip-hop, ou polo menos a pouca que conta con representación visual do seu traballo (estes non lle deron a espalda a Violadores del Verso cando se colocaron no primeiro posto de vendas).
E nesas estamos, descubrindo cousas novas, aquí vos deixo algún dos videos interesantes que vin últimamente:
Comezo co estilo do sur de Londres de Jamie T, unha mezcla de reggae, hip-hop e punk cun tremendo acento inglés. O video tamén é moi británico: borrachos bailando, Fish & chips e unha pelexa ó final.
[youtube GFaP7hifMNU YouTube: Jamie T - If you got the money]
De segundo pratos temos un deses inclasificables grupos emparentados directamente con The Coral ou os Zutons cun divertido videos, mais coros e diversión: Hot Club de Paris.
[youtube NucxlF_eGSM YouTube: Hot Club de Paris - Shipwreck]
E rematamos cun grupo de Glasgow, de riffs enerxéticos e coros pegadizaos deses que tanto gustan na NME: The Fratellis (a familia malvada dos Goonies).
[youtube clhOnZRrmXc YouTube: The Fratellis - Chelsea Dagger]
Categorías: Musica, TV | Sen comentarios »
Comentarios